BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 25 de abril de 2012

NATUREZA VIVA E MORTA

Unha das saídas que fixemos os nenos/as de primaria de Francelos, foi ao noso entorno. Íbamos dispostos a disfrutar da natureza, cando nos atopamos con cousas moi fermosas, vivas e cousas moi feas, mortas. Aquí volas mostramos. 

"NUNCA MÁIS O LIXO TIRAR Á NATUREZA"



natureza fermosa, viva.


luns, 23 de abril de 2012

DIA DO LIBRO EN COMPAÑÍA DO CEIP DE CASTRELO DE MIÑO

O CRA AMENCER e o CEIP de CASTRELO DE MIÑO, conmemoramos o día do Libro cunha convivencia en Astariz. O día foi moi organizado, tivemos un caluroso recibimento acompañado de pancarta e canción: "A LER A LER PARA PASALO BEN..." despois dunhas lecturas a cargo de Cora e Julio, entregouse o premio da mascota da biblioteca aos nenos/as de Castrelo de Miño. Para pasar aos talleres : Maquillaxe, contacontos, manualidade, xogos co paracaídas, que nos ocuparon a maior parte da xornada. E por fin repoñer pilas cun almorzo riquísimo


 
 
  Se queres ver con máis detalle algunha das actividades lectoras preme en ROSALÍA