BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

domingo, 11 de novembro de 2012

VIVA O NOSO MAGOSTO 2012!

O MAGOSTO TAMÉN É POESÍA

I.-  Na escola de San Cristovo    
A xornada comezou
Todos xuntos a canción
Recitamos con tesón.

II.-  O magosto celebramos
E Francelos se apuntou
As castañas comeremos
E San  Paio se apuntou.

III.- Na escola de San Cristovo
nos  talleres  disfrutamos,
“come-castañas” en inglés
e  “peonzas malabares”.

IV.- O magosto celebramos
A  “castaña-ball”  xogamos
Na escola de San Cristovo
A  “coroa” decoramos.

V.-  Os nenos de San Paio
 habilidosos que son
polo circuito  pasaron
Pero que  listos son!

VI.-  Os nenos de  Francelos
 habilidosos  que son
 a proba superaron
Cando polo circuito  pasaron . 

VII.- Os nenos de San  Cristovo
 habilidosos  que son
polo circuito  pasaron
e o triunfo celebraron.

VIII.- O magosto celebramos
O paracaídas tiramos
O magosto comezou
E A fogata avivou.

IX.- Na escola de San Cristovo
Bocadillos de criollo , qué ben
O magosto celebramos
e bica  de  postre  tamén.

x.- Os nenos/as do CRA AMENCER
Van e veñen con castañas…
O magosto festexamos
e outro ano desexamos.
 


magosto 2012 -

Escomecemos a  pandeirada
Escomecemos a baliar xa!!

Ai lalalelo ai lalalala!!!!!!!!