BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 21 de decembro de 2012

É TEMPO DE NADAL

      Xa está aquí o NADAL e os nenos e nenas do CRA AMENCER agardan impacientes a chegada das vacacións, e con elas todo o que eso implica nestas datas (Papá Noel, as súas maxestades de Oriente…). Ademais de vestir de festa as nosas tres escolas, quixemos despedir este primeiro trimestre do curso cun festival na CASA DA CULTURA de Ribadavia, coa presenza das familias. Desexamos que o público disfrutara tanto coma o profesorado e os cativos, xa que detrás quedan ratiños de ensaios e dedicación agarimosa para que todo saíra o mellor posible.

            AGRADECEMOS moito  o detalle da ANPA quen nos convidou a unha chocolatada, que puxo o punto e final “doce”  a unha xornada diferente e familiar, Tamén ao concello por colaborar, enviándonos os caramelos que tanto lles gustan aos nenos/as.

          

Nadal 2012 - 

  Dende a CARRILANA lanzamos esta mensaxe empaquetada con sorriso, apertas e moita ilusión…

 DESEXAMOS QUE A LEDICIA COA QUE VIVEN OS CATIVOS O NADAL, ESTÉ PRESENTE EN CADA UN DOS VOSOS DÍAS DO ANO NOVO 2013, QUE A PIQUES ESTÁ DE CHAMAR AS NOSAS PORTAS,…

CON CARIÑO...……
                                              O CRA AMENCER




PUBLICADO NO XORNAL "LA REGIÓN"  DOMINGO 16 DE DECEMBRO DE 2012