BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 29 de marzo de 2017

VII ANDAINA E PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS

Aproveitamos este día de sol para facer a nosa tadicional Andaina e facer a plantación de castiñeiros que iniciamos en novembro.
  venres, 11 de novembro de 2016
"... destacar a actividade proposta polo concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso de crecemento nas escolas)"

Chegou a primavera e toca plantar os castiñeiros, no entorno natural da Veronza.
Cada neno e nena plantou o seu castiñeiro e deixou alí o seu nome, coa intención de adquirir unha responsabilidade: visitalo, coidalo...
Celebramos así o día da árbore !!!


VII ANDAINA E PLANTACIÓN -

Publicación no xornal "La Región"  


martes, 14 de marzo de 2017

CULTURA E DEPORTE

Hoxe tivemos unha saída ao Auditorio de Ourense, para disfrutar o musical "Paxaro Amigo" do grupo: Mamá Cabra, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.


Ao rematar visitamos o estadio municipal do Couto, onde xoga a "Unión Deportiva Ourense", algúns dos seus xogadores dedicáronnos o seu tempo para mostrarnos o campo, contestar a preguntas e facer regates.


Así foi este día culturalmente-deportivo