BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 7 de setembro de 2017

NOVO ENDEREZO

Coa finadidade de agrupar as publicacións do centro,  a "CARRILANA DIXITAL", muda para a páxina web do centro.

PREME NA IMAXE

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/blogdecarrilana

mércores, 28 de xuño de 2017

FIN DE CURSO

As tres escolas xuntámonos en San Paio, para celebrar o fin de curso, graduación dos nenos e nenas de 2º de primaria e entrega de diplomas aos máis lectores. Non faltaron coma tódolos cursos, Hinchables a cargo da ANPA, exposición de cadros feitos polos nenos/as na clase extraescolar de pintura e tamén unha merenda compartida.

 NORABOA GRADUADOS!!
O claustro do CRA AMENCER, deséxavos moitos éxitos.




 
ATA O PRÓXIMO CURSO. 
FELIZ VERÁN!!!

UN FAMOSO NO CRA AMENCER

"FOX", o can de Samuel, despois de pasar un castig moi competitivo, foi seleccionado como nova imaxe de "Purina ONE Mini.
Noraboa Samuel e familia!!! polo bo entrenamento.


venres, 23 de xuño de 2017

COMO AGASALLARÍAS CO GALEGO?

Esta foi a pregunta coa que, os reporteiros do CRA AMENCER, entrevistaron ás familias. A finalidade fomentar o galego agasallando. Como dicen os entrevistados : agasallando cos libros a fala...
 ENTREVISTA  A ÁNGELES

ENTREVISTA A ROBERTO
 

ENTREVISTA A ANXO
 

mércores, 21 de xuño de 2017

PERCORRIDO POLO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO DE FRANCELOS E TALLER ARQUEOLÓXICO.

Hoxe saímos da escola de Francelos camiñando ata Ribadavia, para facer unha actividade sobre arqueoloxía. O taller estaba organizado por monitores que nos explicaron de forma moi didáctica a labor do arqueólogo, e tamén experimentamos descubrindo ósos. 
 Polo camiño Antonio, un pai da escola de Francelos, fíxonos de guía e foinos explicando lugares e referencias arquitectónicas do pobo de Francelos. Como por exemplo a igrexa de San Xes.

PREME NA IMAXE PARA VER A EXPERIENCIA


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123195358kP447769380o2l1/excavacion-arqueolxica

luns, 19 de xuño de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: " ÍMONOS Á PRAIA"

Este curso fomos a praia de Samil, disfrutamos dun bo día cos compañeiros/as na area, e tamén da irresistible auga, pero con moita precaución. 
PREME NA IMAXE  
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123069388kP479149697o2l1/excursion-a-vigo

xoves, 18 de maio de 2017

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio conmemoramos o "Día da Familia", con estes agasallos que nenos e nenas decoraron para as súas familias.








luns, 15 de maio de 2017

VISITA AO CPI PLURILINGüE TOMÁS DE LEMOS

Os alumnos/as maiores do Cra Amencer, visitaron o que será para o próximo curso o seu colexio, e estableceron o primeiro contacto cos seus novos compañeiros/as.
Esperamos que lles vaia moooooi ben!!

 

CONTACONTOS ILUSTRADO E CONCERTO DIDÁCTICO

Asistimos a un contacontos ilustrado por "Anxo Fariña" e un concerto didáctico a cargo da orquestra:  "Alumnos/as do conservatorio profesional e escola municipal de música de Ribadavia".
 PREME NA IMAXE PARA VER AS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA
http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/297

 CONCERTO DIDÁCTICO

xoves, 27 de abril de 2017

XOGANDO CO ATLETISMO

O equipo de primaria, do CRA AMENCER, tivo  unha nova cita deportiva no polideportivo de Ribadavia.
 PREME NA IMAXE,
para ver as diferentes probas nas que participaron.

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/292

martes, 25 de abril de 2017

TALLER DE COCIÑA

Asistimos a un taller de cociña no IES de VILAMARÍN. O menú elaborado foi:
PIZZA
GALLETAS
CÓCTEL: "SAN FRANCISCO"

Foi moi divertido facer e degustar as nosas creaccións, acompañados por futuros chefs.
 

mércores, 29 de marzo de 2017

VII ANDAINA E PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS

Aproveitamos este día de sol para facer a nosa tadicional Andaina e facer a plantación de castiñeiros que iniciamos en novembro.
  venres, 11 de novembro de 2016
"... destacar a actividade proposta polo concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso de crecemento nas escolas)"

Chegou a primavera e toca plantar os castiñeiros, no entorno natural da Veronza.
Cada neno e nena plantou o seu castiñeiro e deixou alí o seu nome, coa intención de adquirir unha responsabilidade: visitalo, coidalo...
Celebramos así o día da árbore !!!


VII ANDAINA E PLANTACIÓN -

Publicación no xornal "La Región"  


martes, 14 de marzo de 2017

CULTURA E DEPORTE

Hoxe tivemos unha saída ao Auditorio de Ourense, para disfrutar o musical "Paxaro Amigo" do grupo: Mamá Cabra, unha proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e máis xusto.


Ao rematar visitamos o estadio municipal do Couto, onde xoga a "Unión Deportiva Ourense", algúns dos seus xogadores dedicáronnos o seu tempo para mostrarnos o campo, contestar a preguntas e facer regates.


Así foi este día culturalmente-deportivo

venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día, 24 de febreiro, con pegatinas, carteis (inspirándonos no movemento Pop art), ilustración e recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes..."
 PEGATINAS

CARTEIS 
PREME NA IMAXE PARA VELOS TODOS
https://drive.google.com/file/d/0B1ZREppoRG7MX3hvRGcyTENkZlE/view?usp=sharing

Video  colaborativo entre as escolas do CRA, sobre ilustración e recitado do poema máis significativo de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes..."

DESFILE DE ENTROIDO

Este ano o desfile de entroido polas rúas de Francelos, estivo inspirado no proxecto que estamos desenvolvendo  por Voz Natura e Biblioteca, sobre a RECICLAXE, e ademáis  coincidiu nun día especial: "O día de Rosalía". Así lle fixemos o noso especial homenaxe levando no  disfraz unha pegatina: "SEMPRE ROSALÍA".
   
     
Este é a reportaxe. Rematando coma sempre cunha merecida merenda onde non faltaron os tradicionais postres do entroido: filloas, orellas...


entroido 2017 -


Tamén contamos con Marcos, o noso inspector, que nos agasallou con esta visita e participou do  entroido.


Grazas familias pola vosa colaboración, e bo humor!! 

"Xornal escolar" La región

 

xoves, 23 de febreiro de 2017

PREPARÁNDONOS PARA O DESFILE DE ENTROIDO

Despois dunha semana moi mandadiña polo MECO, xa toca ultimar os derradeiros detalles para o "Desfile de Entroido", polas rúas de Francelos. Non volo perdades: 
Mañá 24 de febreiro sobre as 11:30h, esperámoste en Francelos.
Este é un adianto...

 

sábado, 18 de febreiro de 2017

CAMPO A TRAVÉS

Aquí está o equipo do CRA AMENCER, participando na proba provincial de campo a través.

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/276



Noraboa por disfrutar do deporte!

venres, 17 de febreiro de 2017

ÍMONOS DE ENTROIDO!!!

O Luns damos comezo á semana do entroido, cos "MANDADIÑOS DO MECO".

Todos e todas a obeceder ao MECO!











A DIVERSIÓN ESTÁ ASEGURADA CON TANTO SON






O TRIUNFO ESTÁ ASEGURADO!!

 

luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

PREME
na imaxe, 
para ver as actividades 
na biblioteca
http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/273

martes, 24 de xaneiro de 2017

XOGADE

Dentro do plan xogade no que participamos, iniciámonos coa actividade deportiva:
 "Campo a través". 
PREME  
na imaxe para ver a actividade

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/268

La Regiòn, + deporte