BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 30 de abril de 2013

CELEBRANDO ABRIL LIBROS MIL

A saída que tivemos o día 25 de abril foi moi densa en contido. O programa foi o seguinte:

- "Asentada pola lectura" na praza maior de Ribadavia
- Visita guiada polo museo etnolóxico, exposición: "Lembrar no Museo"
- Contacontos na casa da cultura: "O aviador" a cargo do grupo: Elefante, Elegante
- Tempo de lecer no parque.
E de imprevisto "Día de Feira"


contacontos ribadavia 2013 -

Se queredes ver polo miúdo videos das lecturas entrade na biblioteca. Premede en Rosalía

martes, 23 de abril de 2013

EN DEFENSA DO ENSINO RURAL DE CALIDADE

O  C.E.I.P de Castrelo de Miño, en colaboración coa ANPA, Concello de Castrelo de Miño e Mimadriña invitounos a participar nunha iniciativa a favor dunha escola pública de calidade e en defensa do ensino rural.
Para elo imos facer barquiños de papel con mensaxes pedindo que se valore e estime a escola pública e a escola do rural. Unha representación do CRA AMENCER, acercarase  o 28 de abril ás 12 da mañá ao Club Naútico cos vosos barquiños que botaremos todos xuntos.

Animádevos familias! vós tamén podedes participar

Haberá unha chea de actividades atractivas para os cativos e non tan cativos.
Para máis información podedes chamarnos ou entrar en Internet á páxina de Mimadriña.
CONTAMOS CON VOS!
Grazas CEIP de Castrelo de Miño, pola invitación.



"Os nosos desexos ían polo río o papel foi recollido polos voluntarios de protección civil"

luns, 15 de abril de 2013

NOTICIAS SOBRE A NUBE

A Consellería de Cultura e Educación, AMTEGA e CESGA asinarán nun convenio para o desenvolvemento da “Rede de Escolas na Nube”

                                                                          preme na imaxe para máis información

Nós tamén somos participe deste proxecto

  http://www.youtube.com/watch?v=RDoKrhrepKg

martes, 9 de abril de 2013

EXCURSIÓN: "CAMPO LAMEIRO"

Debido ao mal tempo vímonos na obriga de aplazar a excursión,  polo que, O venres 19 de abril iremos de excursión ao parque arqueolóxico da arte rupestre de "CAMPO LAMEIRO" en Pontevedra, será unha excursión longa pero moi produtiva para o noso proxecto da "PREHISTORIA".
 Aquí tedes un adianto do que nos imos encontrar.



Quitando a longa viaxe, disfrutamos moito do parque.

domingo, 7 de abril de 2013

PREMIO PARA A "NUBE"

Esto si que é ter bo ollo, iniciarnos nun proxecto que xa recibiu un premio.


PREMIADO O:

Proxecto de investigación educativa orientado a proporcionar servizos de computación cloud para mellorar a aprendizaxe e colaboración na escola rural: "NUBE"


Noraboa ao CRA Boqueixón-Vedra, pioneiros neste proxecto.

mércores, 3 de abril de 2013

IMOS AO CINE!

O venres 5 de abril, iremos ao cine a Leiro a ver a peli  "LOS CROODS", como actividade que forma parte do proxecto da biblioteca: "A PREHISTORIA" que estamos desenvolvendo este curso.

Aquí tedes un adianto.




Así nos foi no cine!