BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 22 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Como tódolos anos familia é escola reunímonos na Casa da Cultura de Ribadavia  para celebrar o Festival de Nadal.
O programa deste ano foi o seguinte:
Os nenos e nenas de infantil interpretaron: 
- Musical "A princesa do Caurel"
- Panxoliña dos Ratos
- What do you want for christmas.
Os nenos e nenas de Primaria interpretaron:
- Teatro sobre o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
- Panxoliña "Todos somos capitáns"
- Under the christmas tree.
Rematando as actuacións co Flashmod da "Noite Meiga".
Entrega de premios ás gañadoras no concurso de "Postais de Nadal", organizado pola ANPA.
Visita de "PAPÁ NOEL", para recoller as cartas escritas polos nenos/as.
E xa rematamos cunha riquísima chocolatada a cargo da ANPA.


nadal 2016 -

GRAZAS FAMILIAS POR ASISTIR!!

martes, 20 de decembro de 2016

III CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL


Participamos no III Concurso de Tarxetas de Nadal que organiza o Colexio de Economistas de Ourense. 
Obtendo premio os traballos de:
Categoría infantil: Naiara Juste Salgueiro
Categoría primaria: Ánxela Ferreiro Fasero.

 NAIARA JUSTE SALGUEIRO


ÁNXELA  FERREIRO FASERO

RECOLLIDA DE PREMIOS



luns, 19 de decembro de 2016

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Non pode rematar o ano sen facer o noso pequeno homenaxe ao escritor galego "AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ". Foi un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infnatil e xuvenil, en Galicia e no resto de España. Os seus libros escritos en galego, tradúcense a outras linguas como o inglés, castelán, eusquera, coreano, portugúes, francés, árabe e italiano.

PREME NA IMAXE PARA VER OS NOSOS TRABALLOS SOBRE O ESCRITOR

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/251


" A literatura ten que conquistar o corazón"

venres, 9 de decembro de 2016

CONCURSO POSTAIS DE NADAL!

O xurado que representa a ANPA, tendo que tomar unha decisión tan complicada, selecciónou como gañadoras o traballo de:
NEREA LÓPEZ AREDA (INFANTIL)
YULISA VILLAR MAROTO (PRIMARIA)



 NEREA LÓPEZ AREDA

YULISA VILLAR MAROTO

xoves, 24 de novembro de 2016

CONCURSO CONSTITUCIÓN

Este ano no CRA AMENCER, temos gañadoras do concurso: "Constitución Española". 


Noraboa ás gañadoras, e a todos e todas que participaron!

Recordade que  o importante é participar. 

RECOLLIDA DE PREMIOS

Estes foron os traballos merecedores de premio.

Así foi o acto institucional da entrega de premios no Auditorio Municipal de Ourense.



venres, 11 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

A festa do magosto é a primeira xuntanza que temos as escolas. Este ano celebrámolo o propio día de San Martiño, 11 de novembro, na escola de San Cristovo. 
A xornada foi moi completa con moitos xogos e talleres alternativos: Taller creativo de reciclaxe, decoración de macetas, carreiras de sacos, xogos populares (o peón, chapas), circuito de habilidades, Eat Chestnuts, recitado de refráns sobre a festa do magosto, Canción "Mira ben" (sobre o outono), destacar a actividade proposta polo concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso de crecemento nas escolas). 
E como tódolos anos nos faltou a fogata, chourizos e castañas asadas.
Tamén contamos co acompañamento da concelleira de Cultura e Medio Ambiente. 
Cremos que o pasou moi ben,
e nós tamén.

mércores, 9 de novembro de 2016

ENSAIANDO O MAGOSTO

Imos todos e todas ensaiar con este karaoke a canción que cantaremos no  MAGOSTO.

xoves, 27 de outubro de 2016

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Non vos perdades a exposición de cabazas na praza de Abastos de Ribadavia dende o 28 de outubro ata o día 2 de novembro.
 Con opción a premio, Sooorte aos participantes!!!!



 












mércores, 26 de outubro de 2016

SEPARAR PARA RECICLAR!

No día de hoxe , disfrutamos dunha actividade sobre a importancia que ten o separar para reciclar. Campaña "Oportunidades Galicia-Separemos ben, reciclaremos mellor". A actividade plantexouse pola monitora, moi didáctica e axustada as idades dos nosos alumnos/as, foi divertida e aprendemos moito.


venres, 21 de outubro de 2016

mércores, 21 de setembro de 2016

LA REGIÒN

                   Xornal escolar

martes, 20 de setembro de 2016

Arranca o curso!!!!

Este curso comeza con novidades nas escolas... Arranxos nos patios de recreo, quedando pendente o de San Paio, pero co compromiso do Concello, " Que será para máis adiante". 

San Cristovo

San Paio

                      Francelos


       BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO!




mércores, 29 de xuño de 2016

mércores, 22 de xuño de 2016

FIN DE CURSO

Rematamos este curso en San Paio, alí disfrutamos da festa organizada pola ANPA, onde non faltou diversión: Hinchables, xogos, e unha comida de despedida. 
Sempre emociona despedir aos nosos Graduados de 2º de primaria e para amenizar o día un grupiño de nenas da escola de San Cristovo, sorprendeunos cun "playback".
As familias poideron ver a exposición de pintura que os nenos/as fixeron en actividades extraescolares.



fin de curso 2016 -












ATA O PRÓXIMO CURSO!

SORTE AOS PROFES QUE NON ESTARÁN CON NÓS O VINDEIRO CURSO.

GRAZAS A ANPA POR ESTE DÍA!

SPOT PUBLICITARIO

As reporteiras do CRA AMENCER, entrevistan ás familias, para saber a súa opinión sobre:
Que facer para ser máis GALEGO e máis ECOLÓXICO?
Estas foron as súas respostas: 



luns, 20 de xuño de 2016

venres, 17 de xuño de 2016

EXCURSIÓN: "A FÁBRICA DA LUZ"


A Fábrica da Luz, é unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas en Galicia. A principios do século XX, entre os anos 1914-1916, construiuse  "A Canle Vella", para canalizar a auga do río Mao e descargala na coñecida:  Fabrica da Luz. Convirtíndose nun referente tecnolóxico, social e arquitectónico do lugar. Suministrou electricidade a: Monforte, Ourense capital e localidades da Ribeira Sacra.

Hoxe recuperouse este testimonio da cultura industrial para outros servizos, relacionados co ocio e disfrute do medio ambiente.

 SI QUERES SABER MÁIS PREME NA IMEXE
A FÁBRICA DA LUZ


Chegada e paseo pola ruta dos sentidos, escoitamos os sons do entorno.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/49503821/A%20f%C3%A1brica%20da%20luz%20.mp4

Este é o entorno natural  e así foi como disfrutamos e aprendemos.

venres, 10 de xuño de 2016

FROITA

Despedímonos por este curso, do "Consumo de Froita na Escloa". Cun FRUIT consello:
"Para medrar, a froita na túa dieta ten que estar"

Todas as escolas aproveitamos o photocall, que fixeron os nenos/as da escola de San Cristovo, sobre as nosas AMIGAS as FROITAS.


 





 ATA O PRÓXIMO CURSO!!!

mércores, 8 de xuño de 2016

PINTURA

Estas foron as creaccións, da actividade extraescolar " Pintura". Admirade os PEQUENOS-GRANDES talentos.

 

xoves, 26 de maio de 2016

ECOGALEGUÍZATE

É o lema deste curso :
 + ecolóxico 
+ galego
Simbolizamos nunha camiseta a nosa mensaxe 






O LIBRO DE ALBA

Así de simpático, foi como Alba, alumna da Escola de Francelos, presentounos o seu libro de motricidade fina, eleborado pola súa nai.

 PREME NA IMAXE

https://dl.dropboxusercontent.com/u/49503821/libro%20alba.mp4

Grazas mamá de Alba!!  
Por compartir con nós o teu traballo, tan orixinal e creativo.