BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 17 de xuño de 2016

EXCURSIÓN: "A FÁBRICA DA LUZ"


A Fábrica da Luz, é unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas en Galicia. A principios do século XX, entre os anos 1914-1916, construiuse  "A Canle Vella", para canalizar a auga do río Mao e descargala na coñecida:  Fabrica da Luz. Convirtíndose nun referente tecnolóxico, social e arquitectónico do lugar. Suministrou electricidade a: Monforte, Ourense capital e localidades da Ribeira Sacra.

Hoxe recuperouse este testimonio da cultura industrial para outros servizos, relacionados co ocio e disfrute do medio ambiente.

 SI QUERES SABER MÁIS PREME NA IMEXE
A FÁBRICA DA LUZ


Chegada e paseo pola ruta dos sentidos, escoitamos os sons do entorno.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/49503821/A%20f%C3%A1brica%20da%20luz%20.mp4

Este é o entorno natural  e así foi como disfrutamos e aprendemos.