BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 30 de marzo de 2012

UN DÍA COMPLETO

"Non temos que ir moi lonxe para disfrutar e aprender"
O día comenzou na casa da cultura, alí foi onde as familias deixaronnos aos nenos/as. Grazas familias por colaborar coa escola.

Os nenos/as de primaria foron facer unha visita ao MUSEO ETNOLÓXICO de Ribadavia. A profe de música, Mónica, aproveitou a visita para facer unha gravación de voz. Xa vos mostraremos os resultados da peza. De momento estes foron os preliminares.



Aquí gravamos as nosas voces e o profe Xan fíxonos un "debut "coa caixa.

Mentres os máis pequenos fomos  visitar a outros, aínda máis peques, os nenos/as da escola infantil "A GALIÑA AZUL" Foi moi emotiva a visita, sobre todo para as profes da escola ao ver que maiores estaban os seus ex-alumnos. Houbo bicos e abrazos
Vimos as instalacións, os seus traballos, e fixemos unha pequena actuación para todos eles.
 "Nunca tivemos un público tan entregado"




A hora do CONTACONTOS: "O Traxe  do Emperador", temos que ir a biblioteca, premede en Rosalía.


E xa para rematar o día merenda e xogo no parque.
¡QUE BEN NOLO PASAMOS!


mércores, 28 de marzo de 2012

COÑECENDO SOBRE AS TRADICIÓNS AMERICANAS

Jazmín, a auxiliar de conversa, estívonos a contar como os nenos/as de EEUU, celebran a Pascua.
Nun taller decoramos os ovos, si ¡ovos de galiña cocidos! O divertido foi encontralos agochados polo patio. Os máis atrevidos comémolos "Pura proteína" Grazas Jazmín por cociñar tanto para nós.



Faltan os nenos/as de San Cristovo por problemas técnicos, en breve estarán con todos nós.

Aquí estamos e por ser os últimos en subir presentámonos nunha edición especial.


pascua - diapositivas

xoves, 22 de marzo de 2012

CHEGOU A PRIMAVERA

Disfrutamos da Primavera con vivaldi. Preme na imaxe




Así vese  San Paio en primavera. Sacamos fotos das flores e árbores do noso entorno. Fixemos unha pequena plantación, unhas cabazas para que enreden polo valado. Un mural ao aire libre disfrutando do entorno en primavera. A inspiración do mural foi campo de amapolas de Monet.



DÍA DA AUGA

O día 22 de marzo os pequenos de infantil, en Francelos, quixeron conmemorar este día "O Día Mundial da Auga", debuxando agua e a vida que ten.

"USEMOS A AUGA CON CABEZA"


día da auga





mércores, 21 de marzo de 2012

VISITA DE SUSA HERRERA

Diversión asegurada con Susa. Entrade na biblioteca premendo en Rosalía.



luns, 12 de marzo de 2012

DE SAN PAIO A HOLLYWOOD

Hoxe foi un día distinto e especial. A tele veu ao cole. Esta vez visitou a escola de San Paio, o pobo, a súa xente... para o programa "Xente con Xente" da TVG.
Grazas Matías e ao seu equipo que nos fixo pasar un día moi divertido.
De parte dos profes que os saques ben guapos/as.
Ata Sempre.


xoves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

IGUALDADE
Os nenos/as de infantil das escolas de Francelos e San Cristovo, adicaron un día a "MULLER". Así é como loitan pola igualdade.





ASÍ PASOU ESTE DÍA NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO

Para conmemorar este día na escola de San Cristovo, os nenos/as de primaria lemos un fermoso conto: "VANESA NON QUERE SER PRINCESA", do escritor Xosé A. Perozo. Unha bonita historia, dunha nena que non quere que lle elixan o seu futuro, quere ser libre para decidir por si mesma. Aqui tedes os nosos traballos:






















      VANESA NON QUERE SER PRINCESA











"DÍA DAS CHICAS" NA ESCOLA DE SAN PAIO.

Ese foi o nome que lle puxeron os nenos/as ó día internacional da muller.
Recordamos a mulleres importantes mirade quen son importantes para os vosos fillos/as.
Tamén aconteceu un problema, porque os nenos reivindicaron o seu día "O día dos Chicos". Así que dende a escola de San Paio imos conmemorar este día, aínda non ten data. Estamos abertos a suxerencias.




O día 8 de marzo non vos esquezades de conmemorar o "DÍA DA MULLER", nas escolas faremos un pequeno repertorio de actividades que xa vos mostraremos. Por agora iniciamos a motivación con este video, premede en igualdade