BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

IGUALDADE
Os nenos/as de infantil das escolas de Francelos e San Cristovo, adicaron un día a "MULLER". Así é como loitan pola igualdade.





ASÍ PASOU ESTE DÍA NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO

Para conmemorar este día na escola de San Cristovo, os nenos/as de primaria lemos un fermoso conto: "VANESA NON QUERE SER PRINCESA", do escritor Xosé A. Perozo. Unha bonita historia, dunha nena que non quere que lle elixan o seu futuro, quere ser libre para decidir por si mesma. Aqui tedes os nosos traballos:






















      VANESA NON QUERE SER PRINCESA











"DÍA DAS CHICAS" NA ESCOLA DE SAN PAIO.

Ese foi o nome que lle puxeron os nenos/as ó día internacional da muller.
Recordamos a mulleres importantes mirade quen son importantes para os vosos fillos/as.
Tamén aconteceu un problema, porque os nenos reivindicaron o seu día "O día dos Chicos". Así que dende a escola de San Paio imos conmemorar este día, aínda non ten data. Estamos abertos a suxerencias.




O día 8 de marzo non vos esquezades de conmemorar o "DÍA DA MULLER", nas escolas faremos un pequeno repertorio de actividades que xa vos mostraremos. Por agora iniciamos a motivación con este video, premede en igualdade