Felices vacacións a toda a comunidades educativa!!!!!!
BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA
Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
venres, 20 de decembro de 2013
BO NADAL E FELIZ 2014
Co Festival de Nadal damos por rematado este trimestre e comezaremos o 2014 con moita forza.
venres, 13 de decembro de 2013
GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS
Os gañadores/as do concurso de postais organizado pola ANPA, foron:
Na categoría de INFANTIL:
AINHOA PÉREZ CANITROT
Na categoría de PRIMARIA:
DANIELA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Noraboa as gañadoras, e Parabéns a tódalas familias pola colaboración.
Na categoría de INFANTIL:
AINHOA PÉREZ CANITROT
Na categoría de PRIMARIA:
DANIELA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
Noraboa as gañadoras, e Parabéns a tódalas familias pola colaboración.
xoves, 12 de decembro de 2013
A NUBE TAMÉN GUSTA EN EUROPA
Profesores de varios países europeos a"Rioja" e os catro CRAs que estamos no proxecto da NUBE, convivimos unha xornada no CRA Boqueixón-Vedra, disfrutando do manexo das tecnoloxías polos máis pequenos.
Europa tamén está interesada polo noso proxecto...
xoves, 5 de decembro de 2013
Ponlle as pilas ao teu bocata !!!!!!!
martes, 3 de decembro de 2013
venres, 15 de novembro de 2013
MAGOSTO
Por fin xa estamos de Magosto, este ano fixémolo un pouco máis tarde por iso lle tiñamos tantas gañas. Disfrutamos este día de xogos de habilidades, circuitos, taller de reciclado-creativo, xogo en Inglés, xogos populares coma o "Peón e a Corda". Onde a CASTAÑA foi a protagonista.
Unha gran fogata animounos a cantar cancións populares coma: "Non chas quero, non chas quero..."
E non puido faltar unha degustación de chourizos, castañas e froitas de outono.
luns, 11 de novembro de 2013
PRIMEIRA SAÍDA, AO TEATRO
O 6 de novembro deixamos as aulas para ir ao Auditorio de Ourense, a ver unha obra de teatro: "NUNCABUNGA", da compañía elefanteelegante. Foi un espectáculo sen palabras, aínda que os nenos/as trouxeron moito que contar, así o mostran nos seus debuxos.
Despois un merecido tempo de lecer nun parque da cidade.
Despois un merecido tempo de lecer nun parque da cidade.
mércores, 30 de outubro de 2013
xoves, 26 de setembro de 2013
COMEZAMOS O CURSO
Así comezamos o curso falando os protagonistas do proxecto "ESCOLAS NA NUBE", cóntannos as experiencias que tiveron coa NUBE e que supón para eles.
Este curso continuaremos taballando na NUUUUBE!
BO COMEZO DE CURSO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!
luns, 29 de xullo de 2013
luns, 1 de xullo de 2013
TRES RAZÓNS PARA FALAR GALEGO
Os nenos/as colleron o micrófono e fixeron de reporteiros, entrevistaron ás familias, sobre as razóns que tiñan para falar galego. As respostas foron estas, todas de moito peso.
E as vosas razóns?....
E as vosas razóns?....
mércores, 26 de xuño de 2013
luns, 24 de xuño de 2013
VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS
Xa nos despedíramos e volvémonos a xuntar para disfrutar un día de intensos xogos en Ourense, onde este ano celebráronse os encontros de xogos tradicionais e a maiores participaron LUDARIA (patrimonio lúdico europeo)
O xogo destacado polos nenos/as foi: "As carrilanas"
venres, 21 de xuño de 2013
XUNTANZA FIN DE CURSO
Rematou o curso e coma sempre despedímolo ao grande: Xogos, Colchonetas, Exposición de Pintura, representación da obra de Roberto Vidal Bolaño, graduación e merenda.
Agradecer a toda a comunidade educativa: Familias, profes, ANPA... O esforzo, implicación para que os nenos/as disfruten deste día tan esperado.
Só hai que mirar para as súas caras. Disfrutade!
Coa música de Adele, Rolling In The Deep.
Despedímonos ata o vindeiro curso.
FELIZ VERÁN!!!!!!!
martes, 18 de xuño de 2013
UNHA FARTURA DE FROITA!
O longo deste curso o CRA AMENCER, participou no proxecto
-Tomar conciencia da importancia dunha dieta saudable.
- Coñecer distintos nomes de froitas
- Fomentar entre o noso alumnado o hábito de comer froita.
- Disfrutar da inxesta de froita como recurso alimenticio.
- Aplicar hábitos de hixiene mentres realizamos a merenda
A experiencia foi moi positiva e tódolos nenos/as alomenos probaron algunha froita, tamén disfrutamos degustándoas e fixemos actividades relacionadas co currículo.
proxecto froitas
"DISTRIBUCIÓN DE FROITAS AOS CENTROS ESCOLARES"
Os obxectivos principais deste proxecto foron:-Tomar conciencia da importancia dunha dieta saudable.
- Coñecer distintos nomes de froitas
- Fomentar entre o noso alumnado o hábito de comer froita.
- Disfrutar da inxesta de froita como recurso alimenticio.
- Aplicar hábitos de hixiene mentres realizamos a merenda
A experiencia foi moi positiva e tódolos nenos/as alomenos probaron algunha froita, tamén disfrutamos degustándoas e fixemos actividades relacionadas co currículo.
proxecto froitas
luns, 17 de xuño de 2013
Xosé Neira Vilas, entre nós
O 19 de xuño, os CRAS que estamos no proxecto A NUBE, estaremos de xeito virtual con Xosé Neira Vilas. Os nenos/as preguntaranlle pola súa vida e obra.
xoves, 6 de xuño de 2013
III ANDAINA E CICLOTURISMO
Xa imos pola terceira andaina, os nenos/as de infantil disfrutaron da beleza do noso entorno de camiño á Beronza, os nenos/as de primaria non disfrutaron tanto da paisaxe, xa que toda a súa concentracíón ía na bici.
III ANDAINA
Unha inesperada actividade, antes de partir para a andaina tivemos unha actuación musical, nada menos que Susa Herrera presentándonos o seu novo traballo.
III ANDAINA
Unha inesperada actividade, antes de partir para a andaina tivemos unha actuación musical, nada menos que Susa Herrera presentándonos o seu novo traballo.
martes, 14 de maio de 2013
sábado, 4 de maio de 2013
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O CRA AMENCER, celebrará a semana das "LETRAS GALEGAS" dende o 6 ao 15 de maio. Adicado este ano a:
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: "MAIOS EN LEIRO",12 de maio (organiza a ANPA)
ROBERTO VIDAL BOLAÑO (lims)
CICLO DE CINE EN GALEGO
Nesta semana veremos curtos creados por compañeiros doutros centros.As proxeccións serán o longo da semana ás 12:30 horas.
CANCIÓN DO FOLKLORE POPULAR: "Sementar sementarei"
CONCURSO DE DEBUXO SOBRE LO LEMA: "O GALEGO VIAXA"
Gañadora do concurso: Lúa González Gómez
CONVIVENCIA: Día 15 de maio co CEIP CASTRELO DE MIÑO
UNS VIDEOS DE PACO NOGUEIRAS NODAR, SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO E A NOSA LINGUA
VIDEOCONFERENCIA ENTRE OS CRAS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO "A NUBE"
Con motivo da celebración das Letras Galegas, conectámonos para escoitar o conto "A ESCOLA DE MEDRA POUCO", contado polo profe Antonio, da escritora e mestra do CRA de Boqueixón, Divina Novio Seoane. Logo tivemos un turno para despedirnos.
martes, 30 de abril de 2013
CELEBRANDO ABRIL LIBROS MIL
A saída que tivemos o día 25 de abril foi moi densa en contido. O programa foi o seguinte:
- "Asentada pola lectura" na praza maior de Ribadavia
- Visita guiada polo museo etnolóxico, exposición: "Lembrar no Museo"
- Contacontos na casa da cultura: "O aviador" a cargo do grupo: Elefante, Elegante
- Tempo de lecer no parque.
E de imprevisto "Día de Feira"
contacontos ribadavia 2013 -
Se queredes ver polo miúdo videos das lecturas entrade na biblioteca. Premede en Rosalía
- "Asentada pola lectura" na praza maior de Ribadavia
- Visita guiada polo museo etnolóxico, exposición: "Lembrar no Museo"
- Contacontos na casa da cultura: "O aviador" a cargo do grupo: Elefante, Elegante
- Tempo de lecer no parque.
E de imprevisto "Día de Feira"
contacontos ribadavia 2013 -
Se queredes ver polo miúdo videos das lecturas entrade na biblioteca. Premede en Rosalía
martes, 23 de abril de 2013
EN DEFENSA DO ENSINO RURAL DE CALIDADE
O C.E.I.P de Castrelo de Miño, en colaboración coa ANPA, Concello de Castrelo de Miño e Mimadriña invitounos a participar nunha iniciativa a favor dunha escola pública de calidade e en defensa do ensino rural.
Para elo imos facer barquiños de papel con mensaxes pedindo que se valore e estime a escola pública e a escola do rural. Unha representación do CRA AMENCER, acercarase o 28 de abril ás 12 da mañá ao Club Naútico cos vosos barquiños que botaremos todos xuntos.
Para elo imos facer barquiños de papel con mensaxes pedindo que se valore e estime a escola pública e a escola do rural. Unha representación do CRA AMENCER, acercarase o 28 de abril ás 12 da mañá ao Club Naútico cos vosos barquiños que botaremos todos xuntos.
Animádevos familias! vós tamén podedes participar
Haberá unha chea de actividades atractivas para os cativos e non tan cativos.
Para máis información podedes chamarnos ou entrar en Internet á páxina de Mimadriña.
CONTAMOS CON VOS!
Haberá unha chea de actividades atractivas para os cativos e non tan cativos.
Para máis información podedes chamarnos ou entrar en Internet á páxina de Mimadriña.
CONTAMOS CON VOS!
luns, 15 de abril de 2013
NOTICIAS SOBRE A NUBE
A Consellería de Cultura e Educación, AMTEGA e CESGA asinarán nun
convenio para o desenvolvemento da “Rede de Escolas na Nube”
preme na imaxe para máis información
Nós tamén somos participe deste proxecto
http://www.youtube.com/watch?v=RDoKrhrepKg
preme na imaxe para máis información
Nós tamén somos participe deste proxecto
http://www.youtube.com/watch?v=RDoKrhrepKg
martes, 9 de abril de 2013
EXCURSIÓN: "CAMPO LAMEIRO"
Debido ao mal tempo vímonos na obriga de aplazar a excursión, polo que, O venres 19 de abril iremos de excursión ao parque arqueolóxico da arte rupestre de "CAMPO LAMEIRO" en Pontevedra, será unha excursión longa pero moi produtiva para o noso proxecto da "PREHISTORIA".
Aquí tedes un adianto do que nos imos encontrar.
Quitando a longa viaxe, disfrutamos moito do parque.
domingo, 7 de abril de 2013
PREMIO PARA A "NUBE"
Esto si que é ter bo ollo, iniciarnos nun proxecto que xa recibiu un premio.
PREMIADO O:
Proxecto de investigación educativa orientado a proporcionar servizos de computación cloud para mellorar a aprendizaxe e colaboración na escola rural: "NUBE"
Noraboa ao CRA Boqueixón-Vedra, pioneiros neste proxecto.
PREMIADO O:
Proxecto de investigación educativa orientado a proporcionar servizos de computación cloud para mellorar a aprendizaxe e colaboración na escola rural: "NUBE"
Noraboa ao CRA Boqueixón-Vedra, pioneiros neste proxecto.
mércores, 3 de abril de 2013
IMOS AO CINE!
O venres 5 de abril, iremos ao cine a Leiro a ver a peli "LOS CROODS", como actividade que forma parte do proxecto da biblioteca: "A PREHISTORIA" que estamos desenvolvendo este curso.
Aquí tedes un adianto.
Así nos foi no cine!
Aquí tedes un adianto.
Así nos foi no cine!
xoves, 21 de marzo de 2013
O CRA AMENCER XA ESTÁ NA NUBE
O Cra Amencer xunto con outros CRAS de Galicia está a traballar nun proxecto chamado "Rede de Escolas Na Nube". Onde escola e familia, nun contorno social virtual pechado e seguro, compartirán traballo e experiencias.
Para máis información do proxecto premede na imaxe
PARA ACCEDER A NUBE DENDE A CASA, temos que premer no icono da nube, situado a marxe dereiro da páxina principal. aparécenos unha pantalla que nos pide usuario e contrasinal, ahí poredes a vosa identificación que previamente vola daremos. ASÍ DE SINXELO.
Os nenos e nenas de primaria accederán a unha nube diferente aos de infantil. Os de primaria teñen a posibilidade de comunicarse cos seus compñeiros/as e profes, a través do chat.
Os contidos están clasificados por materias e para os de infantil por bloques de interese. Recollen e reforzan o que estamos a traballar na escola.
Todo o profesorado espera que vos guste que a utilicedes e vos sexa de axuda, para nós supuxo formación, moito esforzo e dedicación.
AOS NENOS/AS GÚSTALLE MOITO!
luns, 4 de marzo de 2013
SEMANA DE PORTAS ABERTAS
VEN A VISITARNOS NA SEMANA DE PORTAS ABERTAS, DO 11 AO 15 DE MARZO EN HORARIO DE 12:00 A 12:30 HORAS.
venres, 8 de febreiro de 2013
E CHEGOU O ENTROIDO!
Familias, como xa vos comunicamos este ano imos ambientar o entroido na PREHISTORIA (os cavernícolas), motivado polo proxecto iniciado dende a Biblioteca.
O longo da semana (do 4 ao 8 de febreiro), celebraremos a semana do entroido, rematando cun gran desfile en Francelos.
Estade atentos porque andaremos ás ordes do MECO.
O MECO MANDA:
VENRES:
"EN FRANCELOS ÍMONOS ATOPAR DE PRIMITIVOS E PRIMITIVAS ÍMONOS DISFRAZAR".
O longo da semana (do 4 ao 8 de febreiro), celebraremos a semana do entroido, rematando cun gran desfile en Francelos.
Estade atentos porque andaremos ás ordes do MECO.
O MECO MANDA:
VENRES:
"EN FRANCELOS ÍMONOS ATOPAR DE PRIMITIVOS E PRIMITIVAS ÍMONOS DISFRAZAR".
CRAVERNÍCOLAS POLO
AMENCER
E chegou o entroido, o entroido
chegou
E no
CRA AMENCER festexamos esta festa popular
San Paio a Francelos chegou
Somos trogloditas e primitivos tamén
San Cristovo a Francelos atopou
E o desfile ao pobo tamén
Nenos e nenas cavernícolas son
Mestres e mestras tamén
Algnha nai se animou.
A banda dos trogloditas se formou
As escolas das aldeas animadas son
E disfrazados de prehistóricos van
O meco anunciou as ordes a cumplir
E no cra amencer atinamos cos
atuendos a vestir
O proxecto da biblio para adiante
vai
E a comparsa dos cravernícolas a
festa fai
VIVA O ENTROIDO UO, UO,
UO!!!!!!!!!!!!
xoves, 31 de xaneiro de 2013
DÍA DA PAZ
Cantamos a ritmo de "Canto del Loco e Hombres G". Probamos a videoconferencia a través da NUBE, disfrutamos da presencia dos compañeiros de xeito virtual, para conmemorar todos o día da PAZ .
"NO CRA AMENCER SOMOS AMIGOS E ESTAMOS UNIDOS". (sobran palabras, disfrutade coas imaxes escoitando a música.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















.jpg)




.jpg)






