BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 15 de novembro de 2013

MAGOSTO

Por fin xa estamos de Magosto, este ano fixémolo un pouco máis tarde por iso lle tiñamos tantas gañas. Disfrutamos este día de xogos de habilidades, circuitos, taller de reciclado-creativo, xogo en Inglés, xogos populares coma o "Peón e a Corda". Onde a CASTAÑA foi a protagonista.
Unha gran fogata animounos a cantar cancións populares coma: "Non chas quero, non chas quero..."
E non puido faltar unha degustación de chourizos, castañas e froitas de outono.