BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 26 de maio de 2016

ECOGALEGUÍZATE

É o lema deste curso :
 + ecolóxico 
+ galego
Simbolizamos nunha camiseta a nosa mensaxe 






O LIBRO DE ALBA

Así de simpático, foi como Alba, alumna da Escola de Francelos, presentounos o seu libro de motricidade fina, eleborado pola súa nai.

 PREME NA IMAXE

https://dl.dropboxusercontent.com/u/49503821/libro%20alba.mp4

Grazas mamá de Alba!!  
Por compartir con nós o teu traballo, tan orixinal e creativo.

luns, 23 de maio de 2016

VI ANDAINA

O día de hoxe foi moi completo, porque aproveitamos a ANDAINA, para visitar cos nenos e nenas de 2º de primaria o CPI TOMÁS DE LEMOS, para logo reunirnos na Casa da Cultura onde disfrutamos dun espectáculo ao estilo " Got Talent", ofrecido polo conservatorio de Ribadavia ao que asistiron outros centros da zona. Unha maneira moi divertida de presentar os instrumentos e darnos a coñecer os novos talentos que hai no conservatorio, algúns antigos e antigas alumnas.

ESTE SERÁ O NOSO NOVO COLEXIO


visita ao CPI TOMÁS DE LEMOS

Andaina e  Concerto.

sábado, 21 de maio de 2016

CONVIVENCIA CO CEIP CASTRELO DE MIÑO

20 de maio, non faltamos a nosa cita anual co CEIP de Castrelo de Miño, para celebrar:   As Letras Galegas.
Os dous centros participamos en actividades para conmemorar a vida e obra de Manuel María.
Unha guía canina (a concelleira de Castrelo de Miño), fíxonos unha demostración de adestramento de cans para a búsqueda de desaparecidos.
Xogos e comida, puxeron o punto e final desta xuntanza tan querida. 




convivencia CEIP Castrelo de Miño 2016 -


ATA O PRÓXIMO CURSO!!!
GRAZAS POLA VOSA AMIZADE

domingo, 15 de maio de 2016

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebramos o día da familia, cun bonito homenaxe a nosa familia, aquelas persoas que están cerca de nós e as que queremos.
 Así nos quedou o noso agasallo!!!








martes, 10 de maio de 2016

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe reunímonos na escola de San Cristovo, para facer o taller de bocatas con produtos do mar. Ofrecido polo programa "Aliméntate ben".

RECOMENDACIÓNS PARA MEDRAR SAN:
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!

Para saber máis preme na imaxe.

http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/

 Tamén aproveitamos a xuntanza para eleborar un Cartaz, sobre MANUEL MARÍA, a quen lle adicamos este ano as "LETRAS GALEGAS" 

xoves, 5 de maio de 2016

A NOSA DIETA A ANÁLISE.

O CRA AMENCER, participa este curso nun proxecto para concienciar ao alumnado e as familias da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, para así previr a obesidade infantil. A través da actividade "As nosas Comidas", é como pretendemos chegar a todos vós.
Este foi o resultado das achegas proporcionadas polas familias, que o venres 29 de abril, Maite (a profe de EF), expuxo nunha xuntanza en Santiago, dentro do Plan Xermoliño.



 CONCLUSIÓN: 
Se san queres medrar, máis froita e verdura tes que tomar!