BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 28 de xuño de 2017

FIN DE CURSO

As tres escolas xuntámonos en San Paio, para celebrar o fin de curso, graduación dos nenos e nenas de 2º de primaria e entrega de diplomas aos máis lectores. Non faltaron coma tódolos cursos, Hinchables a cargo da ANPA, exposición de cadros feitos polos nenos/as na clase extraescolar de pintura e tamén unha merenda compartida.

 NORABOA GRADUADOS!!
O claustro do CRA AMENCER, deséxavos moitos éxitos.




 
ATA O PRÓXIMO CURSO. 
FELIZ VERÁN!!!

UN FAMOSO NO CRA AMENCER

"FOX", o can de Samuel, despois de pasar un castig moi competitivo, foi seleccionado como nova imaxe de "Purina ONE Mini.
Noraboa Samuel e familia!!! polo bo entrenamento.


venres, 23 de xuño de 2017

COMO AGASALLARÍAS CO GALEGO?

Esta foi a pregunta coa que, os reporteiros do CRA AMENCER, entrevistaron ás familias. A finalidade fomentar o galego agasallando. Como dicen os entrevistados : agasallando cos libros a fala...
 ENTREVISTA  A ÁNGELES

ENTREVISTA A ROBERTO
 

ENTREVISTA A ANXO
 

mércores, 21 de xuño de 2017

PERCORRIDO POLO PATRIMONIO ARQUITECTÓNICO DE FRANCELOS E TALLER ARQUEOLÓXICO.

Hoxe saímos da escola de Francelos camiñando ata Ribadavia, para facer unha actividade sobre arqueoloxía. O taller estaba organizado por monitores que nos explicaron de forma moi didáctica a labor do arqueólogo, e tamén experimentamos descubrindo ósos. 
 Polo camiño Antonio, un pai da escola de Francelos, fíxonos de guía e foinos explicando lugares e referencias arquitectónicas do pobo de Francelos. Como por exemplo a igrexa de San Xes.

PREME NA IMAXE PARA VER A EXPERIENCIA


http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123195358kP447769380o2l1/excavacion-arqueolxica

luns, 19 de xuño de 2017

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: " ÍMONOS Á PRAIA"

Este curso fomos a praia de Samil, disfrutamos dun bo día cos compañeiros/as na area, e tamén da irresistible auga, pero con moita precaución. 
PREME NA IMAXE  
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d123069388kP479149697o2l1/excursion-a-vigo