BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 21 de marzo de 2013

O CRA AMENCER XA ESTÁ NA NUBE

O Cra Amencer xunto con outros CRAS de Galicia está a traballar nun  proxecto chamado "Rede de Escolas Na Nube". Onde  escola e familia, nun contorno social virtual pechado e seguro, compartirán traballo e experiencias.
Para máis información do proxecto premede na imaxe




PARA ACCEDER A NUBE DENDE A CASA, temos que premer no icono da nube, situado a marxe dereiro da páxina principal. aparécenos unha pantalla que nos pide usuario e contrasinal, ahí poredes a vosa identificación que previamente vola daremos. ASÍ DE SINXELO. 

Os nenos e nenas de primaria accederán a unha nube diferente aos de infantil. Os de primaria teñen a posibilidade de comunicarse cos seus compñeiros/as e profes, a través do chat.
Os contidos están clasificados por materias e para os de infantil por bloques de interese. Recollen e reforzan o que estamos a traballar na escola. 

Todo o profesorado espera que vos guste que a utilicedes e vos sexa de axuda, para nós supuxo formación, moito esforzo e dedicación.
 AOS NENOS/AS GÚSTALLE MOITO!