BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 8 de febreiro de 2013

E CHEGOU O ENTROIDO!

Familias, como xa vos comunicamos este ano imos ambientar o entroido na PREHISTORIA (os cavernícolas), motivado polo proxecto iniciado dende a Biblioteca.

O longo da semana (do 4 ao 8 de febreiro), celebraremos a semana do entroido, rematando cun gran desfile en Francelos.

Estade atentos porque andaremos ás ordes do MECO.


                                          O MECO MANDA:

VENRES:

"EN FRANCELOS ÍMONOS ATOPAR DE PRIMITIVOS E PRIMITIVAS ÍMONOS DISFRAZAR".





CRAVERNÍCOLAS POLO AMENCER

E chegou o entroido, o entroido chegou
E no  CRA AMENCER festexamos esta festa popular
San Paio a  Francelos chegou
Somos trogloditas e primitivos tamén
San Cristovo a Francelos atopou
E o desfile ao pobo tamén


Nenos e nenas cavernícolas son
Mestres e mestras tamén
Algnha nai se animou.
A banda dos trogloditas se formou
As escolas das aldeas animadas son
E disfrazados de prehistóricos van

O meco anunciou as ordes a cumplir
E no cra amencer atinamos cos atuendos a vestir
O proxecto da biblio para adiante vai
E a comparsa dos cravernícolas a festa fai

VIVA O ENTROIDO UO, UO, UO!!!!!!!!!!!!




entroido 2013 -

PERDOADE AS INTERFERENCIAS DO DIRECTO!