BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 18 de xuño de 2013

UNHA FARTURA DE FROITA!

O longo deste curso o CRA AMENCER, participou no proxecto
"DISTRIBUCIÓN DE FROITAS AOS CENTROS ESCOLARES"
Os obxectivos principais deste proxecto foron:
-Tomar conciencia da importancia dunha dieta saudable.
- Coñecer distintos nomes de froitas
- Fomentar entre o noso alumnado o hábito de comer froita.
- Disfrutar da inxesta de froita como recurso alimenticio.
- Aplicar hábitos de hixiene mentres realizamos a merenda
A experiencia foi moi positiva e tódolos nenos/as alomenos probaron algunha froita, tamén disfrutamos degustándoas e fixemos actividades relacionadas co currículo.



proxecto froitas