BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 11 de novembro de 2016

MAGOSTO 2016

A festa do magosto é a primeira xuntanza que temos as escolas. Este ano celebrámolo o propio día de San Martiño, 11 de novembro, na escola de San Cristovo. 
A xornada foi moi completa con moitos xogos e talleres alternativos: Taller creativo de reciclaxe, decoración de macetas, carreiras de sacos, xogos populares (o peón, chapas), circuito de habilidades, Eat Chestnuts, recitado de refráns sobre a festa do magosto, Canción "Mira ben" (sobre o outono), destacar a actividade proposta polo concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso de crecemento nas escolas). 
E como tódolos anos nos faltou a fogata, chourizos e castañas asadas.
Tamén contamos co acompañamento da concelleira de Cultura e Medio Ambiente. 
Cremos que o pasou moi ben,
e nós tamén.