BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 25 de abril de 2012

NATUREZA VIVA E MORTA

Unha das saídas que fixemos os nenos/as de primaria de Francelos, foi ao noso entorno. Íbamos dispostos a disfrutar da natureza, cando nos atopamos con cousas moi fermosas, vivas e cousas moi feas, mortas. Aquí volas mostramos. 

"NUNCA MÁIS O LIXO TIRAR Á NATUREZA"



natureza fermosa, viva.


luns, 23 de abril de 2012

DIA DO LIBRO EN COMPAÑÍA DO CEIP DE CASTRELO DE MIÑO

O CRA AMENCER e o CEIP de CASTRELO DE MIÑO, conmemoramos o día do Libro cunha convivencia en Astariz. O día foi moi organizado, tivemos un caluroso recibimento acompañado de pancarta e canción: "A LER A LER PARA PASALO BEN..." despois dunhas lecturas a cargo de Cora e Julio, entregouse o premio da mascota da biblioteca aos nenos/as de Castrelo de Miño. Para pasar aos talleres : Maquillaxe, contacontos, manualidade, xogos co paracaídas, que nos ocuparon a maior parte da xornada. E por fin repoñer pilas cun almorzo riquísimo


 
 
  Se queres ver con máis detalle algunha das actividades lectoras preme en ROSALÍA
                          

venres, 30 de marzo de 2012

UN DÍA COMPLETO

"Non temos que ir moi lonxe para disfrutar e aprender"
O día comenzou na casa da cultura, alí foi onde as familias deixaronnos aos nenos/as. Grazas familias por colaborar coa escola.

Os nenos/as de primaria foron facer unha visita ao MUSEO ETNOLÓXICO de Ribadavia. A profe de música, Mónica, aproveitou a visita para facer unha gravación de voz. Xa vos mostraremos os resultados da peza. De momento estes foron os preliminares.



Aquí gravamos as nosas voces e o profe Xan fíxonos un "debut "coa caixa.

Mentres os máis pequenos fomos  visitar a outros, aínda máis peques, os nenos/as da escola infantil "A GALIÑA AZUL" Foi moi emotiva a visita, sobre todo para as profes da escola ao ver que maiores estaban os seus ex-alumnos. Houbo bicos e abrazos
Vimos as instalacións, os seus traballos, e fixemos unha pequena actuación para todos eles.
 "Nunca tivemos un público tan entregado"




A hora do CONTACONTOS: "O Traxe  do Emperador", temos que ir a biblioteca, premede en Rosalía.


E xa para rematar o día merenda e xogo no parque.
¡QUE BEN NOLO PASAMOS!


mércores, 28 de marzo de 2012

COÑECENDO SOBRE AS TRADICIÓNS AMERICANAS

Jazmín, a auxiliar de conversa, estívonos a contar como os nenos/as de EEUU, celebran a Pascua.
Nun taller decoramos os ovos, si ¡ovos de galiña cocidos! O divertido foi encontralos agochados polo patio. Os máis atrevidos comémolos "Pura proteína" Grazas Jazmín por cociñar tanto para nós.



Faltan os nenos/as de San Cristovo por problemas técnicos, en breve estarán con todos nós.

Aquí estamos e por ser os últimos en subir presentámonos nunha edición especial.


pascua - diapositivas