BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 16 de maio de 2014

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Na semana do 12 ao 16 de maio celebramos as "LETRAS GALEGAS", adicado este ano a Xosé María Díaz Castro.

                                             PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS                               

                                        http://www.biblioaxoaninarosalia.blogspot.com.es/2014/05/letras-galegas-2014.html


Dende a área de EF, tamén se contribuiu a coñecer dun xeito divertido a poesía de Xosé María Díaz Castro, a través dun xogo de pistas.


 
                                      


                                         https://www.dropbox.com/s/3c2bcfkfpfras3z/Letras%20Galegas%20Francelos.mov


                                 

luns, 12 de maio de 2014

EU SEMPRE FROITA

Continuando co noso proxecto de consumo de froita fresca, as aulas convertíronse en froiterías onde os nenos/as poideron mercar MOOOI caro este produto tan saudable, ao mesmo tempo practicaron o seu aprendizaxe coas moedas.

                    


                    


Tamén aprendemos esta canción con coreografía.

                      


venres, 9 de maio de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE CHAPAS


PRIMARIA

     Cora Diéguez Villar

INFANTIL

    Karen Fernández López



Os participantes

                             

venres, 11 de abril de 2014

MÁIS QUE FROITA

Unha semana máis a FROITA é a protagonista nas aulas, non so é un alimento mooooooi saudable, tamén descubrimos con ela, unha variedade de xogos divertidos; de orientación, degustación e equilibrio.