BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 15 de decembro de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


                 
                Ao xurado, foille moi dificil seleccionar os gañadores.

                     INFANTIL
                 
                         Gabriel  Blanco Lorenzo

                      PRIMARIA
                 
                         Andrea Martínez Pereira



venres, 12 de decembro de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe xuntámonos, na escola de San Cristovo, para "Poñernos as pilas", cos bocatas que nos prepararon, con produtos do mar, dentro do PLAN PROXECTA.

O programa pretende achegar aos nenos e nenas  alimentos necesarios para a supervivencia e  beneficios que teñen para a saúde.
Aproxímanos aos  medio  mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos, destinados a manter e fomentar nas escolas hábitos saudables. 
Ricos en proteínas e vitamina B12.

Tamén houbo tempo para xogos, ensaios...

Non deixamos NADA!!!! 

martes, 2 de decembro de 2014

TEMPO DE OUTONO

Outono chegou 
marrón e amarelo,
outono chegou
folliñas secas nos deixou...

mércores, 26 de novembro de 2014

PREMIO CONCURSO CONSTITUCIÓN



Aleixo Míguez Santos
, co seu debuxo conseguiu premio no  concurso da Constitución 2014.

                                             

PARABÉNS ALEIXO!!!!