BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

sábado, 20 de decembro de 2014

FESTIVAL DE NADAL 2014



....E  sen máis tardanza, comezamos o festival de nadal cos nenos e nenas de infantil:  
En primeiro lugar.- un musical sobre o conto, “corre, corre cabaciña”.
A continuación a panxoliña.-  “na casa da miña avoa”.
e por último christmas carol.- “we wish you a merry christmas”
 ....Os nenos e nenas de primaria vanvos representar  a obra de teatro.-  “nubiña pascual”
A continuación a panxoliña.- “pintan as verbas de paz”
e por último christmas carol.- “dominik the donkey”.

... para rematar a ANPA  entregou os premios ás postais gañadoras, visita de PAPA NOEL e despedida cunha riquísima chocolatada.

Coma sempre, grazas á "Casa Da Cultura" polo decorado tan bonito.


mércores, 17 de decembro de 2014

luns, 15 de decembro de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


                 
                Ao xurado, foille moi dificil seleccionar os gañadores.

                     INFANTIL
                 
                         Gabriel  Blanco Lorenzo

                      PRIMARIA
                 
                         Andrea Martínez Pereira



venres, 12 de decembro de 2014

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe xuntámonos, na escola de San Cristovo, para "Poñernos as pilas", cos bocatas que nos prepararon, con produtos do mar, dentro do PLAN PROXECTA.

O programa pretende achegar aos nenos e nenas  alimentos necesarios para a supervivencia e  beneficios que teñen para a saúde.
Aproxímanos aos  medio  mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos, destinados a manter e fomentar nas escolas hábitos saudables. 
Ricos en proteínas e vitamina B12.

Tamén houbo tempo para xogos, ensaios...

Non deixamos NADA!!!!