BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

domingo, 15 de febreiro de 2015

E AGORA QUE? Criaturiñas en apuros.

Non podemos perdernos o programa, onde os nenos/as do CRA AMENCER serán os protagonista. 
Asegúrase diversión.     
domingo 15 de febreiro, ás 20:30horas 
Un adianto
 

Preme na imaxe de Diana para ver outra vez o programa
                                      http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/e-agora-que

                                      

                                         

mércores, 11 de febreiro de 2015

DÍA DE TEATRO E DEPORTE

A Cultura e o deporte é unha moi boa combinación. Asistimos ao Auditorio de Ourense, para ver o espectáculo de monicreques:
 "Contos de Titiritrapo". Os nenos/as disfrutaron do fantástico mundo de Perrault, Grimm ... animado coa música de Bach, Mozart... concienciandose da utilidade que ten o reciclado e reutilización.




Despois dun aperitivo,  desplazámonos ao Campus Universitario para tomar contacto co deporte "Rugby Cinta". 

venres, 6 de febreiro de 2015

TODOS/AS ÁS ORDES DO MECO!

Este entroido o MECO, está inspirado en Velázquez,.

Velázquez, quere pintar e ten 5 días para pensar.
 Que acabará pintando?

Xa está! a inspiración acábame de chegar o VENRES, en Francelos AS MENINAS, vou pintar.
 


O XOVES, será marabilloso, traeremos no pescozo un adorno moi fermoso. 


Mandado do xoves



Chega o MÉRCORES,  e ao Auditorio irás cun bigote singular.


 ben mandadiños somos!



O MARTES, nos teus ollos traerás lentes para deslumbrar! 


 mandado do martes, cumplido!

O LUNS empezamos con algo vistoso na cabeza, atención que a festa empeza!.


mandado do luns


domingo, 1 de febreiro de 2015

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

Celebramos o día da PAZ, poñendo as nosas máns nas polas da árbore do CRA AMENCER. Mans con mensaxes de paz, Coa finalidade de que esas boas intencións cheguen á sociedade.
Amenizamos o día , Coa canción: "PINTAN AS VERBAS DE PAZ" de Mamá Cabra. Grazas por prestarnos a canción.
                                            Escola de Francelos
                                       

                                             Escola de San Paio
                                       

                                            Escola de San Cristovo
                                         


                    Dende a área de relixión tamén se traballou a palabra PAZ, en todos os idiomas.