BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 16 de xuño de 2015

V ANDAINA

Esperábamos esta actividade, para disfrutar do entorno natural tan fermoso que temos, á beira do río Avia e facer un pouco de actividade física que é tan saudable.
Nesta andaina tamén reivindicamos o uso do galego co eslogan deste curso "XERMOLA O GALEGO QUE LEVAS DENTRO"


venres, 12 de xuño de 2015

EXCURSIÓN A MARCELLE

MARCELLE, foi o lugar elexido para a excursión de fin de curso. Un pouco lonxe pero mereceu a pena.
Disfurtamos dun día inmersos na natureza, atendendo ás explicacións dos monitores que nos contaron as rutinas dos animais e curiosidades, talleres e tempo de lecer. 

Pasámolo chupiiii!




domingo, 7 de xuño de 2015

SEMANA DA FROITA

Esta é a derradeira semana da FROITA, para despedir o proxecto, que mellor maneira que consumo de froita refrescante: melón e sandía.

A  imaxinación levounos a degustar ricos xeados moi naturais.


                                    

                                   

                                  


 

luns, 25 de maio de 2015

CONVIVENCIA CO CEIP CASTRELO DE MIÑO

O 22 de maio, non faltamos a nosa cita anual co CEIP de Castrelo de Miño, para celebrar:   As Letras Galegas.

O programa foi o seguinte:
- Acollida coa canción de Benvida.
- Poema musicado: "Rosalía Pequeniña".
- Certame de recitado de poemas de Xosé Filgueira Valverde  e Rosalía de Castro.
- Interpretación das cancións: Rocanrol Dragón, de Magín Blanco.O Mercado, de María Fumaça.
- Playbacks
- Taller para eleborar as mascotas das nosas biblioteca: "Oitopés"  e a "Xoaniña Rosalía"
- Comida e despedida.

Grazas pola vosa acollida, disfrutamos moito do día.
Contade con nós para o próximo curso!!!

 Rosalía

    Oitopés