BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 29 de setembro de 2015

ARRANCA O CURSO!!!!!

Arrancamos con proxectos que iremos desenvolvendo ao longo do curso: VOZ NATURA, XOGADE, ALIMÉNTATE BEN (Consumo de froita na escola, Ponlle as pilas ao teu bocata), XERMOLIÑO. Continuamos co PLAMBE, Proxecto do Fomento e Uso do Galego, Rede de Escolas na Nube e Ruralschoolcloud.

 BENVIDA AO NOVO CURSO!!!!!!!!


venres, 19 de xuño de 2015

FIN DE CURSO 2014/2015

Chegou o remate dun curso moi intenso, onde disfrutamos de moitas actividades, e así queremos despedir aos nosos graduados/as que pasan para 3º de primaria.

Agradecer a ANPA  a colaboración e compromiso para que disfrutáramos todos/as  deste día tan especial.

Tamén, este fin de curso, os nosos reporteiros de 2º de primaria entrevistan ás familias co fin de que o galego se manteña vivo entre nós e así poidan inculcar aos máis pequenos/as o uso e gusto por falar a nosa lingua.
A pregunta deste ano foi: Como usas o galego no tempo de lecer?


a


s


Ata o próximo curso

Feliz verán !!!!!




martes, 16 de xuño de 2015

VISITA AO CPI TOMÁS DE LEMOS

Xa se está acercando a despedida dos nosos maiores e como todos os anos acompañámolos ao "CPI Tomás de Lemos", para que coñezan o cole e os que van ser os seus novos/as compañeiros/as. 
Foi moi emotivo reencontrarse alí cos seus antigos amigos/as do CRA AMENCER.


V ANDAINA

Esperábamos esta actividade, para disfrutar do entorno natural tan fermoso que temos, á beira do río Avia e facer un pouco de actividade física que é tan saudable.
Nesta andaina tamén reivindicamos o uso do galego co eslogan deste curso "XERMOLA O GALEGO QUE LEVAS DENTRO"