BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 11 de decembro de 2015

CONCURSO DE POSTAIS

Os gañadores do concurso de postais, celebrado pola ANPA, foron:

  PRIMARIA

                                                         
                                                                Iago González Gómez

    INFANTIL

                                                      
                                                                 Rubén Mosquera Pérez


                      Grazas Familias por participar!!!
 


domingo, 29 de novembro de 2015

HOMENAXE A D. XOSÉ NEIRA VILAS

Recordamos con moito agarimo o gran escritor galego que foi, e a sorte que tivo o CRA AMENCER, xunto con outros "CRAS" que forman o proxecto da "NUBE", de contactar a través de videoconferencia con el, para que os nenos/as lles fixeran preguntas sobre a súa obra.


PREME NA IMAXE PARA VER A MULTICONFERENCIA
https://www.youtube.com/embed/CiRdM6i0740

Traballo sobre o libro " Memorias dun neno Labrego", no seu 50 aniversario.


GRAZAS, POLO TEU PENSAMENTO E A TÚA OBRA!!!

sábado, 14 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

A primeira xuntanza chegou co MAGOSTO, na escola de San Cristovo. Aproveitamos esta xuntanza para disfrutar da visita do SEPRONA, que sorprendeunos mostrandonos os utensilios de traballo para protexer o medio ambiente.



A ANPA colaborou cun creativo mural e photocall.



Taller creativo reciclaxe, circuito, xogos populares (chapas, peón..), fogata, castañas e chourizos, para rematar esta tradicional xornada.





magosto 2015 -  

Arredor da fogata cantamos ao MAGOSTO.


                                       

venres, 30 de outubro de 2015

TERRORÍFICO SAMAÍN-HALLOWEEN

 Os nenos/as do Cra Amencer, vivenciaron nas súas escolas o Samaín-Halloween. Pero xuntámonos a través de videoconferencia para cantar a canción de Mamá Cabra "Samaín", que preparou o profe de música,  e tamén aproveitamos para ver os nosos disfraces.