BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

sábado, 19 de decembro de 2015

NADAL 2015

Un ano máis familia e escola, tivemos unha cita na Casa da Cultura de Ribadavia, para celebrar o noso tradicional Festival de Nadal.
O programa incluía: teatro, musical, panxoliñas, christmas carols, baile da carrasquiña ...

E para rematar a ANPA  entregou os premios ás postais gañadoras. Visita de PAPA NOEL e despedida cunha riquísima chocolatada   (a cargo da ANPA).

nadal 2015 -

GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA ASISTENCIA !!!

venres, 11 de decembro de 2015

CONCURSO DE POSTAIS

Os gañadores do concurso de postais, celebrado pola ANPA, foron:

  PRIMARIA

                                                         
                                                                Iago González Gómez

    INFANTIL

                                                      
                                                                 Rubén Mosquera Pérez


                      Grazas Familias por participar!!!
 


domingo, 29 de novembro de 2015

HOMENAXE A D. XOSÉ NEIRA VILAS

Recordamos con moito agarimo o gran escritor galego que foi, e a sorte que tivo o CRA AMENCER, xunto con outros "CRAS" que forman o proxecto da "NUBE", de contactar a través de videoconferencia con el, para que os nenos/as lles fixeran preguntas sobre a súa obra.


PREME NA IMAXE PARA VER A MULTICONFERENCIA
https://www.youtube.com/embed/CiRdM6i0740

Traballo sobre o libro " Memorias dun neno Labrego", no seu 50 aniversario.


GRAZAS, POLO TEU PENSAMENTO E A TÚA OBRA!!!

sábado, 14 de novembro de 2015

MAGOSTO 2015

A primeira xuntanza chegou co MAGOSTO, na escola de San Cristovo. Aproveitamos esta xuntanza para disfrutar da visita do SEPRONA, que sorprendeunos mostrandonos os utensilios de traballo para protexer o medio ambiente.



A ANPA colaborou cun creativo mural e photocall.



Taller creativo reciclaxe, circuito, xogos populares (chapas, peón..), fogata, castañas e chourizos, para rematar esta tradicional xornada.





magosto 2015 -  

Arredor da fogata cantamos ao MAGOSTO.