BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

sábado, 21 de maio de 2016

CONVIVENCIA CO CEIP CASTRELO DE MIÑO

20 de maio, non faltamos a nosa cita anual co CEIP de Castrelo de Miño, para celebrar:   As Letras Galegas.
Os dous centros participamos en actividades para conmemorar a vida e obra de Manuel María.
Unha guía canina (a concelleira de Castrelo de Miño), fíxonos unha demostración de adestramento de cans para a búsqueda de desaparecidos.
Xogos e comida, puxeron o punto e final desta xuntanza tan querida. 




convivencia CEIP Castrelo de Miño 2016 -


ATA O PRÓXIMO CURSO!!!
GRAZAS POLA VOSA AMIZADE

domingo, 15 de maio de 2016

DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celebramos o día da familia, cun bonito homenaxe a nosa familia, aquelas persoas que están cerca de nós e as que queremos.
 Así nos quedou o noso agasallo!!!








martes, 10 de maio de 2016

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe reunímonos na escola de San Cristovo, para facer o taller de bocatas con produtos do mar. Ofrecido polo programa "Aliméntate ben".

RECOMENDACIÓNS PARA MEDRAR SAN:
As especies mariñas en conserva, xunto cunha gran variedade de alimentos vexetais, cereais, lácteos.. serviranche para elaborar os teus propios bocatas!

Para saber máis preme na imaxe.

http://www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es/

 Tamén aproveitamos a xuntanza para eleborar un Cartaz, sobre MANUEL MARÍA, a quen lle adicamos este ano as "LETRAS GALEGAS" 

xoves, 5 de maio de 2016

A NOSA DIETA A ANÁLISE.

O CRA AMENCER, participa este curso nun proxecto para concienciar ao alumnado e as familias da importancia dunha alimentación sa e equilibrada, para así previr a obesidade infantil. A través da actividade "As nosas Comidas", é como pretendemos chegar a todos vós.
Este foi o resultado das achegas proporcionadas polas familias, que o venres 29 de abril, Maite (a profe de EF), expuxo nunha xuntanza en Santiago, dentro do Plan Xermoliño.



 CONCLUSIÓN: 
Se san queres medrar, máis froita e verdura tes que tomar!