"... destacar a actividade proposta polo
concello sobre a plantación dunha castaña en macetas, coa intención de
reforestar unha árbore autóctona na primavera, (observaremos o proceso
de crecemento nas escolas)"
Chegou a primavera e toca plantar os castiñeiros, no entorno natural da Veronza. Cada neno e nena plantou o seu castiñeiro e deixou alí o seu nome, coa intención de adquirir unha responsabilidade: visitalo, coidalo...
Hoxe tivemos unha saída ao Auditorio de Ourense, para disfrutar o musical "Paxaro Amigo" do grupo: Mamá Cabra, unha
proposta cargada de mensaxes que inciden en construír un mundo mellor e
máis xusto.
Ao rematar visitamos o estadio municipal do Couto, onde xoga a "Unión DeportivaOurense", algúns dos seus xogadores dedicáronnos o seu tempo para mostrarnos o campo, contestar a preguntas e facer regates.
Homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día, 24 de febreiro, con pegatinas, carteis (inspirándonos no movemento Pop art), ilustración e recitado do poema "Adiós ríos, adiós fontes..."
PEGATINAS
CARTEIS
PREME NA IMAXE PARA VELOS TODOS
Video colaborativo entre as escolas do CRA, sobre ilustración e recitado do poema máis significativo de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes..."