BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 19 de setembro de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Os profes do CRA AMENCER, quermos darvos a benvida a todos os nenos/as e as súas familias. Comezamos o curso con moitas novidades que xa vos iremos contando. Grazas por confiar no noso proxecto.

venres, 22 de xuño de 2012

FIN DE CURSO

No CRA AMENCER, despedimos o curso  cunha gran festa,  Nenos/as, profes e familias recordaremos este día tan feliz. Tamén graduamos aos nosos maiores. Que teñan moita sorte no Tomás de Lemos.

O PROGRAMA foi o seguinte:
- Xogos co paracaídas
- Exposición de pintura, da actividade Extraescolar: Pintura ( Á cargo de Rocío).
- Representación da obra de teatro, da actividade Extraescolar: Teatro (A cargo de Bea)
- Hinchable, a cargo da ANPA.
- Visionado dun corto, da actividade Extraescolar: 1,2,3, Animación (A cargo de Miguel)
- Visita de Bob Esponxa, a cargo da ANPA.
- Comida, colaboraron as familias.
- Graduación e dedicatorias para os nosos maiores.


fin de curso -


GRADUACIÓN








E NON FALTOU MÚSICA E BAILE







 

venres, 15 de xuño de 2012

ADEUS JAZMIN!

Jazmin, foi durante este curso a nosa Auxiliar de Conversa. Pasamos moitos momentos agradables con ela, colaborou no centro coma calquer profesor/a e os nenos/as queríanna moito. Por todo iso, os profes queremos agradecerche a túa boa disposición. Moita sorte na "Rioja". Esperamos que aprendieras algo de Gallego.


Jazmin, la estrella de Galicia

martes, 12 de xuño de 2012

II ANDAINA E CICLO TURISMO

Xa imos pola II ANDAINA no CRA AMENCER. O día prometía chuvia pero como bos previsores estamos preparados para  darlle uso os nosos chuvasqueiros "MOLLATE CO GALEGO" pero non coa chuvia. Grazas que só choveu un intre, logo disfrutamos dun día inmellorable. Os nenos/as de primaria fixeron unha ruta máis longa en bicicleta. Así disfrutamos da natureza.


II ANDAINA CRA AMENCER