BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 14 de maio de 2013

15 DE MAIO, DÍA DA FAMILIA

Celebramos o día da Familia cun agasallo moi lúdico: "Os Tres en Rosalía"






sábado, 4 de maio de 2013

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CRA AMENCER, celebrará a semana das "LETRAS GALEGAS" dende o 6 ao 15 de maio. Adicado este ano a:
ROBERTO VIDAL BOLAÑO (lims)


CICLO DE CINE EN GALEGO

Nesta semana veremos curtos creados por compañeiros doutros centros.As proxeccións serán o longo da semana ás 12:30 horas.



CANCIÓN DO FOLKLORE POPULAR:  "Sementar sementarei"

CONCURSO DE DEBUXO SOBRE LO LEMA:         "O GALEGO VIAXA"
Gañadora do concurso: Lúa González Gómez



CONVIVENCIA: Día 15 de maio  co      CEIP CASTRELO DE MIÑO


ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: "MAIOS EN LEIRO",12  de maio (organiza a ANPA)

UNS VIDEOS DE PACO NOGUEIRAS NODAR, SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO E A NOSA LINGUA



VIDEOCONFERENCIA ENTRE OS CRAS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO "A NUBE"
Con motivo da celebración das Letras Galegas, conectámonos para escoitar o conto "A ESCOLA DE MEDRA POUCO", contado polo profe Antonio, da escritora e mestra do CRA de Boqueixón, Divina Novio Seoane. Logo tivemos un turno para despedirnos.





martes, 30 de abril de 2013

CELEBRANDO ABRIL LIBROS MIL

A saída que tivemos o día 25 de abril foi moi densa en contido. O programa foi o seguinte:

- "Asentada pola lectura" na praza maior de Ribadavia
- Visita guiada polo museo etnolóxico, exposición: "Lembrar no Museo"
- Contacontos na casa da cultura: "O aviador" a cargo do grupo: Elefante, Elegante
- Tempo de lecer no parque.
E de imprevisto "Día de Feira"


contacontos ribadavia 2013 -

Se queredes ver polo miúdo videos das lecturas entrade na biblioteca. Premede en Rosalía

martes, 23 de abril de 2013

EN DEFENSA DO ENSINO RURAL DE CALIDADE

O  C.E.I.P de Castrelo de Miño, en colaboración coa ANPA, Concello de Castrelo de Miño e Mimadriña invitounos a participar nunha iniciativa a favor dunha escola pública de calidade e en defensa do ensino rural.
Para elo imos facer barquiños de papel con mensaxes pedindo que se valore e estime a escola pública e a escola do rural. Unha representación do CRA AMENCER, acercarase  o 28 de abril ás 12 da mañá ao Club Naútico cos vosos barquiños que botaremos todos xuntos.

Animádevos familias! vós tamén podedes participar

Haberá unha chea de actividades atractivas para os cativos e non tan cativos.
Para máis información podedes chamarnos ou entrar en Internet á páxina de Mimadriña.
CONTAMOS CON VOS!
Grazas CEIP de Castrelo de Miño, pola invitación.



"Os nosos desexos ían polo río o papel foi recollido polos voluntarios de protección civil"