BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA
Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
venres, 21 de febreiro de 2014
mércores, 12 de febreiro de 2014
ENTROIDO NA PROVINCIA DE OURENSE
O profesorado do Cra Amencer, traballou no seminario: "Escolas na Nube", colaborativamente con outros CRAS de Galicia: Boqueixon-Vedra, Ponteceso e Vilaboa, para dar a coñecer as nosas tradicións sobre o entroido.
Estos son os traballos e recursos elaborados sobre o "ENTROIDO NA PROVINCIA DE OURENSE".
VIDEO INFORMATIVO
ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES NOTEBOOK
IMPRIMIBLES
domingo, 9 de febreiro de 2014
XOGADE
O CRA AMENCER, está inscrito no programa: XOGOS GALEGOS DEPORTIVOS en idade escolar, na modalidade de "CAMPO A TRAVÉS".
O Obxectivo principal desta actividade é: Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable. Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada. Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.
O día 23 de xaneiro celebrouse a primeira competición nesta modalidade. Quedando clasificadas dúas alumnas para a fase provincial. Pero o más importante é que tódolos alumnos/as tiveron unha boa e divertida experiencia, así foi como o pasaron.
PREMEDE NAS IMAXES PARA VER MÁIS
xoves, 30 de xaneiro de 2014
CELEBRANDO O DÍA DA PAZ
Por este día, unha vez máis as aulas énchense de pombas con boas intencións.
Celebramos o día da Paz en videoconferencia entre as tres escolas, cantando a canción de Juanes, "PAZ, PAZ, PAZ", as aulas estaban moi ambientadas, traballouse con contos e tamén recordamos a NELSON MANDELA
" Podemos cambiar o mundo, e facer un mundo mellor. Está nas túas mans"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




