BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 24 de febreiro de 2015

CONCURSO DE CARTEIS


Gañador da ilustración do pensamento de Rosalía: 
" Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa"

                                   
                                         Denís Lorenzo Álvarez

               Cartel para conmemorar o día de Rosalía


Prabéns Denís! dos teus compañeiros e profes.







                         

xoves, 19 de febreiro de 2015

FESTA DE ENTROIDO

Todo estaba listo para o noso desfile polas rúas de Francelos, pero a chuvia fixo que os plans tiveran que ser cambiados. Aínda así, celebramos a nosa festa de entroido en compañía coas familias no local social da Fontiñamariña. 

"Meninas e Velázquez" 


Con baile  para ambientarse na época de Velázquez.




                                    
                                          La región 


domingo, 15 de febreiro de 2015

E AGORA QUE? Criaturiñas en apuros.

Non podemos perdernos o programa, onde os nenos/as do CRA AMENCER serán os protagonista. 
Asegúrase diversión.     
domingo 15 de febreiro, ás 20:30horas 
Un adianto
 

Preme na imaxe de Diana para ver outra vez o programa
                                      http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/e-agora-que

                                      

                                         

mércores, 11 de febreiro de 2015

DÍA DE TEATRO E DEPORTE

A Cultura e o deporte é unha moi boa combinación. Asistimos ao Auditorio de Ourense, para ver o espectáculo de monicreques:
 "Contos de Titiritrapo". Os nenos/as disfrutaron do fantástico mundo de Perrault, Grimm ... animado coa música de Bach, Mozart... concienciandose da utilidade que ten o reciclado e reutilización.




Despois dun aperitivo,  desplazámonos ao Campus Universitario para tomar contacto co deporte "Rugby Cinta".