BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 21 de abril de 2015

SEMANA DA FROITA

Na semana do 13 ao 17 de abril, a froita foi a protagonista nas aulas. Bailes, xogos, degustación, tamén contamos con elas para o proxecto dos astronautas que se desenvolve neste trimestre.




                                                    

O baile da Froita

        

Adiviña que froita é?

          





martes, 24 de marzo de 2015

PONTE NO MEU LUGAR !!

A asociación DISCAFIS-COGAMI, estivo no CRA AMENCER, para realizar a actividade:

"SENSIBILIZACIÓN DA DESCAPACIDADE"
FÍSICA
SENSORIAL
INTELECTUAL.

Esta asociación sen ánimo de lucro ten como cometido conseguir a plena integración das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade a través da defensa dos seus dereitos e a prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e espectativas.
Máis información sobre a asociación:  http://www.discafiscogami.org/discafis/gl

Os nenos e nenas do CRA, puideron experimentar a través de xogos como sería o día a día dunha persoa con discapacidade.












luns, 2 de marzo de 2015

SEMANA DA FROITA

Un ano máis comezamos co proxecto de   "Consumo de froita fresca na escola", dentro do PLAN PROXECTA (Aliméntate-ben)
Comer froita é divertido...! e tamén moi creativo.

 






 

martes, 24 de febreiro de 2015

CONCURSO DE CARTEIS


Gañador da ilustración do pensamento de Rosalía: 
" Oh! Terra, antes e agora, sempre fecunda e fermosa"

                                   
                                         Denís Lorenzo Álvarez

               Cartel para conmemorar o día de Rosalía


Prabéns Denís! dos teus compañeiros e profes.