BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

venres, 30 de outubro de 2015

TERRORÍFICO SAMAÍN-HALLOWEEN

 Os nenos/as do Cra Amencer, vivenciaron nas súas escolas o Samaín-Halloween. Pero xuntámonos a través de videoconferencia para cantar a canción de Mamá Cabra "Samaín", que preparou o profe de música,  e tamén aproveitamos para ver os nosos disfraces.




mércores, 28 de outubro de 2015

EXPOSICIÓN DE CABAZAS NA PRAZA DE ABASTOS

Un ano máis, as familias sorpréndennos con tanta creatividade decorando cabazas, por iso, nós queremos compartir co vecindario  a exposición de cabazas. A partir do día 29 na praza de Abastos de Ribadavia.
Grazas familias pola vosa colaboración.

  

luns, 12 de outubro de 2015

CONFERENCIA FINAL " Ruralschoolcloud "


          O proxecto europeo Rural School Cloud,  resultou nunha metodoloxía educativa apoiada na tecnoloxía iCloud adaptada ás necesidades das escolas rurais europeas.           


luns, 5 de outubro de 2015

"GRAPEHARVEST IN THE RIBEIRO"

Presentámosvos unha recopilación de actividades que se fixeron ó longo do curso 2014/15, sobre 
"A VENDIMA NO RIBEIRO", para compartir cos colegas do proxecto "Ruralschoolcloud", no apartado de tradicións.


FOMOS  VENDIMAR!!!!

EN SAN PAIO 

EN FRANCELOS

EN SAN CRISTOVO


Rosa unha mamá, fixo un PowerPoint, sobre a súa vendima en familia. Dende a recollida da uva ata a descarga na cooperativa.
https://www.dropbox.com/s/rtjvrgu197z8w7d/A%20vendima%20do%20Ribeiro.pptx?dl=0
Globalizando o proxecto, traballouse a arte co pintor ARCIMBOLDO 


Un notebook para aprender sobre ARCIMBOLDO e o outono, na PDI

https://www.dropbox.com/s/kcfnv98gz6tmff0/ARCIMBOLDO.notebook?dl=0


Uunha visita ao etnolóxico de Ribadavia, para ver como se facía a vendima dos nosos avós e que trebellos utilizaban.

https://www.dropbox.com/s/ha25kz8cui8rpga/Presentaci%C3%B3n.pptx?dl=0


Roberto, un papá , explicounos moi ben con un PowerPoint, os traballos que fai na viña.

https://www.dropbox.com/s/tslq294epjmr89c/A%20PODA.pptx?dl=0

PowerPoint, sobre a ata das vides.

https://www.dropbox.com/s/78zs3vg4naiujtt/A%20ata.pptx?dl=0


Así de interesante estivo a explicación de Roberto



Rosa, unha mamá , fixo de reporteira e acercounos ás aulas a "A FESTA DA VENDIMA EN LEIRO", así nós tamén disfrutamos desta tradición que se celebra  o último domingo de agosto . Os veciños pretenden conmemorar con esta festividade o inicio da recollida da uva e festexar que se converterá en viño.



E como remate do proxecto visitamos a adega  Viña Costeira"


http://flipagram.com/f/VW1eAr6PTK


APRENDEMOS DAS NOSAS TRADICIÓNS!! 
we learn of our traditions!!