BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

PREME
na imaxe, 
para ver as actividades 
na biblioteca
http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/273

martes, 24 de xaneiro de 2017

XOGADE

Dentro do plan xogade no que participamos, iniciámonos coa actividade deportiva:
 "Campo a través". 
PREME  
na imaxe para ver a actividade

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/268

La Regiòn, + deporte 


xoves, 22 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

Como tódolos anos familia é escola reunímonos na Casa da Cultura de Ribadavia  para celebrar o Festival de Nadal.
O programa deste ano foi o seguinte:
Os nenos e nenas de infantil interpretaron: 
- Musical "A princesa do Caurel"
- Panxoliña dos Ratos
- What do you want for christmas.
Os nenos e nenas de Primaria interpretaron:
- Teatro sobre o conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
- Panxoliña "Todos somos capitáns"
- Under the christmas tree.
Rematando as actuacións co Flashmod da "Noite Meiga".
Entrega de premios ás gañadoras no concurso de "Postais de Nadal", organizado pola ANPA.
Visita de "PAPÁ NOEL", para recoller as cartas escritas polos nenos/as.
E xa rematamos cunha riquísima chocolatada a cargo da ANPA.


nadal 2016 -

GRAZAS FAMILIAS POR ASISTIR!!

martes, 20 de decembro de 2016

III CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL


Participamos no III Concurso de Tarxetas de Nadal que organiza o Colexio de Economistas de Ourense. 
Obtendo premio os traballos de:
Categoría infantil: Naiara Juste Salgueiro
Categoría primaria: Ánxela Ferreiro Fasero.

 NAIARA JUSTE SALGUEIRO


ÁNXELA  FERREIRO FASERO

RECOLLIDA DE PREMIOS