O mércores 31 de outubro disfrutamos nas nosas escolas do SAMAÍN, unha festa popular galega, que se remonta a séculos atrás cando Os celtas, antigos habitantes de Galicia, adoraban a moitos deuses que representaban tanto ás forzas da natureza coma ás condicións do espírito. Por isto, as súas festas coincidían con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. A súa festa principal era o Samaín (Cho-ouinn), que significa o final do bo tempo, e comezaban a súa celebración o 1 de novembro. Nela, os celtas poñían unhas luciñas no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nas cruces dos camiños para que protexeran aos habitantes do lugar de visitas perturbadoras: tal era o medo que tiñan ao Outromundo!!
Nós fixemos a nosa festa particular asistindo disrazados ao cole, dende arañas, gatiños ata demos e como non as temidas meigas." A Meiga Peluxa", amiga dos nenos, que se achegou ás tres escolas do CRA, ante o asombro e risas dalgúns e o lóxico susto doutros, e rematou coa diversión do baile dos “ESQUELETOS” coa vasoira incluida…já, já, já, já!!!
A nosa teacher de Inglés, encargouse de facer os murais alusivos o HALLOWEEN, nos que tiveron cabida morcegos, pantasmas, caveiras e ata o mismísimo “Bob Esponxa”.
E xa como colofón final queremos facer unha especial mención a exposición de cabazas, que foi posible grazas a colaboración das familias, que conseguiron adornar a escola de SAN PAIO, de SAN CRISTOVO e de FRANCELOS, coas cabazas que os nenos/as trouxeron con moito orgullo, vaia que non faltou detalle.
samaín -
FELIZ SAMAÍN dende A CARRILANA DE UUUULTRAAAATUUUUUMBAAAAAA!!
CANCIÓN DE HALLOWEEN
CANCIÓN LOS ESQUELETOS