BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 13 de xaneiro de 2014

VISITA DO CONSELLEIRO AO CRA AMENCER


O conselleiro achegouse á escola de San Paio para ver de primeira man o funcionamento da escola rural, os nenos e nenas foron os mellores cronistas do traballo diario. Francelos e San Cristovo tamén estiveron presentes a través de video conferencia, que aproveitaron para saudar.
   
                                

O CONSELLEIRO mostrouse moi cercano e os nenos e nenas enseguida colleron confianza, ensinaronlle como entraban na nube, leron a redacción que traían de deberes, cantaron unha canción... Actuaron dunha maneira natural, tal e como son eles.
GRAZAS POLO INTERESE AMOSADO.