BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

martes, 19 de maio de 2015

SEMANA DA FROITA

Si Unha vez máis a froita en maio é a protagonista das aulas. As actividades vanse sumando, dende montar unha froitería e vender a froita, co obxectivo de manexarse coas moedas, lista de precios, pesadas... matemáticas divertidas con froitas. O sistema solar en froita, relacionado co proxecto que estamos a desenvolver neste trimestre. Contos con froitas ...