Así foi o luns 15 de febreiro, collimos o autobús para disfrutar da obra de teatro que ofrece Afundación, Obra social ABANCA, para escolares:
"Aurora"
<É a historia dunha curuxa á que lle gusta máis a noite que o día. Cando escurece voa feliz, axita as ás e asubía coma o vento. Mais ao amencer, énchese de tristura. O sol queima a súa plumaxe e cega os seus ollos. O Aviador vai tentalo todo para axudala, mais... será posible vivir nun mundo sen sol?>
Xa, no pazo de Vilamarín disfrutamos da exposición, Xaime Quessada, pintor que estamos traballando nas escolas.
"La pintura es una ventana abierta al mundo"
Xaime Quessada
Na clase de plástica, os nenos/as fixeron a súa interpretaciòn da obra de Quessada. Utilizaron diferentes técnicas, como o soplado.






