BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

luns, 25 de abril de 2016

III ASENTADA POLA LECTURA

Celebramos o día do libro, coa III ASENTADA POLA LECTURA, na praza Maior de Ribadavia. Os nenos e nenas disfrutaron de pequenas lecturas nun espazo diferente ao escolar.
" Calquer lugar é bo para ler"
 Aproveitamos a saída para visitar a casa do concello: sala de plenos e despacho do alcalde... acompañados pola concelleira de cultura, María. Un percorrido polo castelo guiado por Antonio (empregado do concello e pai dun alumno), onde desenvolvimos a actividade: A búsqueda do tesouro máis prezado, un libro.
Para rematar cun ratiño de lecer no parque.
Destacar que xa no parque, os nenos encontraron dous libros que forman parte do xogo. BOOKCROSSING 
Se queres saber o que tes que facer co libro  preme na imaxe

http://www.bookcrossing.com/#