BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 8 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

IGUALDADE
Os nenos/as de infantil das escolas de Francelos e San Cristovo, adicaron un día a "MULLER". Así é como loitan pola igualdade.





ASÍ PASOU ESTE DÍA NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO

Para conmemorar este día na escola de San Cristovo, os nenos/as de primaria lemos un fermoso conto: "VANESA NON QUERE SER PRINCESA", do escritor Xosé A. Perozo. Unha bonita historia, dunha nena que non quere que lle elixan o seu futuro, quere ser libre para decidir por si mesma. Aqui tedes os nosos traballos:






















      VANESA NON QUERE SER PRINCESA











"DÍA DAS CHICAS" NA ESCOLA DE SAN PAIO.

Ese foi o nome que lle puxeron os nenos/as ó día internacional da muller.
Recordamos a mulleres importantes mirade quen son importantes para os vosos fillos/as.
Tamén aconteceu un problema, porque os nenos reivindicaron o seu día "O día dos Chicos". Así que dende a escola de San Paio imos conmemorar este día, aínda non ten data. Estamos abertos a suxerencias.




O día 8 de marzo non vos esquezades de conmemorar o "DÍA DA MULLER", nas escolas faremos un pequeno repertorio de actividades que xa vos mostraremos. Por agora iniciamos a motivación con este video, premede en igualdade

venres, 17 de febreiro de 2012

DESFILE MEDIEVAL

Por fin chegou o gran día, as damas e cabaleiros desfilamos, danzamos e merendamos ao estilo medieval.



martes, 14 de febreiro de 2012

SAN VALENTÍN

A Escola de San Paio  celebrou o San Valentín con moito AMOR



xoves, 2 de febreiro de 2012

ENTROIDO NO MEDIEVO

Familias, como xa vos comunicamos este ano imos ambientar o entroido no Medievo, aproveitamos o inicio dun proxecto sobre a época medieval, os castelos e tamén o que sabemos sobre a "Festa da Istoria", tan popular en Ribadavia. Premede en:
Unha viaxe a idade media

Aquí tedes a música para a coreografía da danza medieval.

Durante a semana do 13 ao 17 de febreiro O MECO visitará as escolas ao mesmo tempo que nos dará unha orde para cada día da semana. ESTADE MOI ATENTOS/AS ÁS ORDES DO MECO:
                                                                   
          O MECO ORDEA