BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 3 de maio de 2012

APRENDICES DE HORTICULTURA

Na escola de San Cristovo, imos a experimentar coas sementes e observar como é o proceso de xermolación e crecemento dunha planta.
O primeiro que fixemos foi decorar as nosas macetas, nelas sementamos fabas "Asturianas" e lentellas, con auga e luz observamos ó longo das semanas como aquelas sementes transformábanse  en unhas fermosas plantas de horta. Así de fácil!
Para que víramos mellor a xermolación a profe fixo unha demostración nun tarro de cristal e a verdade e que impresiona ver como unha semente convírtese nunha planta.
Ao final do proceso tocounos traballar e así quedaron de bonitas as nosas plantas.

plantas s. cristovo -


Na escola de San Paio tamén experimentamos coa xermolación das fabas e lentellas, foi impresionante, os nenos/as dicían que eran monstruos que se convirtían en plantas, e agora que van chegar á lúa de tanto que medraron.

mércores, 2 de maio de 2012

DÍA DE CHICOS

Acordádesvos que cando celebramos o día Internacional da Muller, os nenos de San Paio tamén reindivicaban un día para eles. Pois este é o día : 2 de maio "´DÍA DE CHICOS"
Propuxéronnos que unha idea sería ver unha peli e comer palomitas. Pois así foi vimos "Los Pingüínos de Madagascar", e tamén fíxéronse unhas coroas, só para chicos, para recordar o día.


DÍA DE CHICOS EN SAN PAIO

mércores, 25 de abril de 2012

NATUREZA VIVA E MORTA

Unha das saídas que fixemos os nenos/as de primaria de Francelos, foi ao noso entorno. Íbamos dispostos a disfrutar da natureza, cando nos atopamos con cousas moi fermosas, vivas e cousas moi feas, mortas. Aquí volas mostramos. 

"NUNCA MÁIS O LIXO TIRAR Á NATUREZA"



natureza fermosa, viva.


luns, 23 de abril de 2012

DIA DO LIBRO EN COMPAÑÍA DO CEIP DE CASTRELO DE MIÑO

O CRA AMENCER e o CEIP de CASTRELO DE MIÑO, conmemoramos o día do Libro cunha convivencia en Astariz. O día foi moi organizado, tivemos un caluroso recibimento acompañado de pancarta e canción: "A LER A LER PARA PASALO BEN..." despois dunhas lecturas a cargo de Cora e Julio, entregouse o premio da mascota da biblioteca aos nenos/as de Castrelo de Miño. Para pasar aos talleres : Maquillaxe, contacontos, manualidade, xogos co paracaídas, que nos ocuparon a maior parte da xornada. E por fin repoñer pilas cun almorzo riquísimo


 
 
  Se queres ver con máis detalle algunha das actividades lectoras preme en ROSALÍA