BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 3 de maio de 2012

APRENDICES DE HORTICULTURA

Na escola de San Cristovo, imos a experimentar coas sementes e observar como é o proceso de xermolación e crecemento dunha planta.
O primeiro que fixemos foi decorar as nosas macetas, nelas sementamos fabas "Asturianas" e lentellas, con auga e luz observamos ó longo das semanas como aquelas sementes transformábanse  en unhas fermosas plantas de horta. Así de fácil!
Para que víramos mellor a xermolación a profe fixo unha demostración nun tarro de cristal e a verdade e que impresiona ver como unha semente convírtese nunha planta.
Ao final do proceso tocounos traballar e así quedaron de bonitas as nosas plantas.

plantas s. cristovo -


Na escola de San Paio tamén experimentamos coa xermolación das fabas e lentellas, foi impresionante, os nenos/as dicían que eran monstruos que se convirtían en plantas, e agora que van chegar á lúa de tanto que medraron.