BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 24 de maio de 2012

ALIMENTACIÓN SA

O CRA AMENCER, quere contribuir a concienciar ás familias da necesidade de introducir na dieta dos pequenos, alimentos saudables, para previr posibles enfermidades.
Así o facemos dunha maneira divertida:
1º Aprender coa PIRAMIDE DOS ALIMENTOS, que alimentos deben comerse tódolos días e cales de vez en cando.
2º Comprobar o éxito que ten a froita cando lla presentamos de a xeito divertido: ESPETO DE FROITAS, con chocolate ou con azucre e canela. Que rico!, non deixaron nada.
3º Visitar a PRAZA DE ABASTOS  de Ribadavia, para ver onde se venden esos alimentos tan saudables.

alimentación sa -



Os alumnos/as de primaria Francelos tamén contribuíron a promocionar a alimentación sá, cun riquísimo xeado de amorodo, o máxico foi que non utilizaron a neveira. Aquí tedes tódolos detalles

 

xeado de amorodo -