BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

xoves, 17 de maio de 2012

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O CRA AMENCER, celebrará a semana das LETRAS GALEGAS dende o 9 ao 17 de maio, adicado este ano a:
 VALENTIN PAZ ANDRADE.
premede na imaxe


Para saber máis sobre VALETÍN PAZ ANDRADE entrade en webs de interese LETRAS GALEGAS 2012.
............................................................................................................
Poema musicado de PAZ ANDRADE:


....................................................................................................................................................................
CICLO DE CINE EN GALEGO, na semana do 14 ao 16 de maio, ás 12:30 h, proxectaranse as películas:
- Para Infantil:
"Alistán o demo Oveiro"
"Cuxa, Cuxa"
"O Sapo e o Raposo"
- Para Primaria:
"O espía que xurdiu do fillo espía"
"Lelo e as estacións"
"O diario de Berto" 
...................................................................................................................................................................

O lema deste ano é:

"MÓLLATE CO GALEGO"

E para mollarnos co GALEGO e non coa chuvia decoramos estos chuvasqueiros.

FRANCELOS PRIMARIA.


MÓLLATE CO GALEGO
SAN PAIO


MÓLLATE CO GALEGO

domingo, 13 de maio de 2012

MAIOS EN LEIRO

Este fin de semana a ANPA do Cra Amencer, estivo moi atareada elaborando o maio tradicional:
"LEDICIA INFANTIL", para participar no concurso de maios en Leiro. Grazas ao  esforzo e traballo en equipo das familias conseguiuse o 2º premio. Parabéns, xa temos media colchoneta para o curso que ven.



Coas coplas non houbo tanta sorte, aínda que as entonamos moi ben.

maios en Leiro






XORNAL ESCOLAR.- LA REGIÓN


 

xoves, 3 de maio de 2012

APRENDICES DE HORTICULTURA

Na escola de San Cristovo, imos a experimentar coas sementes e observar como é o proceso de xermolación e crecemento dunha planta.
O primeiro que fixemos foi decorar as nosas macetas, nelas sementamos fabas "Asturianas" e lentellas, con auga e luz observamos ó longo das semanas como aquelas sementes transformábanse  en unhas fermosas plantas de horta. Así de fácil!
Para que víramos mellor a xermolación a profe fixo unha demostración nun tarro de cristal e a verdade e que impresiona ver como unha semente convírtese nunha planta.
Ao final do proceso tocounos traballar e así quedaron de bonitas as nosas plantas.

plantas s. cristovo -


Na escola de San Paio tamén experimentamos coa xermolación das fabas e lentellas, foi impresionante, os nenos/as dicían que eran monstruos que se convirtían en plantas, e agora que van chegar á lúa de tanto que medraron.

mércores, 2 de maio de 2012

DÍA DE CHICOS

Acordádesvos que cando celebramos o día Internacional da Muller, os nenos de San Paio tamén reindivicaban un día para eles. Pois este é o día : 2 de maio "´DÍA DE CHICOS"
Propuxéronnos que unha idea sería ver unha peli e comer palomitas. Pois así foi vimos "Los Pingüínos de Madagascar", e tamén fíxéronse unhas coroas, só para chicos, para recordar o día.


DÍA DE CHICOS EN SAN PAIO