Que divertido sería dar unha volta polo espazo, con estas naves que elaboraron os nenos/as de infantil do CRA AMENCER, en colaboración coas súas familias. Contribuíron co reciclaxe, convertindo o refugallo en xoguetes creativos. Mirade que maña teñen as nosas familias. Parabén familias! quedamos coa boca aberta.
O roteiro por Ribadavia foi o punto final dun pequeno proxecto que iniciamos nas aulas sobre a súa vila a idade no medievo, os castelos...
Este percorrido pola cultura e arquitectura de Ribadavia foi un éxito porque os nenos/as coñeceron o seu entorno a través do descubrimento, interpretación de mapas, xogos dinámicos e de pistas que lles ían amosando o que precisaban aprender.
O CRA AMENCER, quere contribuir a concienciar ás familias da necesidade de introducir na dieta dos pequenos, alimentos saudables, para previr posibles enfermidades.
Así o facemos dunha maneira divertida:
1º Aprender coa PIRAMIDE DOS ALIMENTOS, que alimentos deben comerse tódolos días e cales de vez en cando.
2º Comprobar o éxito que ten a froita cando lla presentamos de a xeito divertido: ESPETO DE FROITAS, con chocolate ou con azucre e canela. Que rico!, non deixaron nada.
3º Visitar a PRAZA DE ABASTOS de Ribadavia, para ver onde se venden esos alimentos tan saudables.
Os alumnos/as de primaria Francelos tamén contribuíron a promocionar a alimentación sá, cun riquísimo xeado de amorodo, o máxico foi que non utilizaron a neveira. Aquí tedes tódolos detalles