BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA

Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.

Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.


Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.

Esperamos que sexa do agrado de todos vós

mércores, 31 de outubro de 2012

SAMAÍN - HALLOWEEN

O mércores 31 de outubro disfrutamos nas nosas escolas do SAMAÍN, unha festa popular galega, que se remonta a séculos atrás cando Os celtas, antigos habitantes de Galicia, adoraban a moitos deuses que representaban tanto ás forzas da natureza coma ás condicións do espírito. Por isto, as súas festas coincidían con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. A súa festa principal era o Samaín (Cho-ouinn), que significa o final do bo tempo, e comezaban a súa celebración o 1 de novembro. Nela, os celtas poñían unhas luciñas no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nas cruces dos camiños para que protexeran aos habitantes do lugar de visitas perturbadoras: tal era o medo que tiñan ao Outromundo!!

Nós fixemos a nosa festa particular asistindo disrazados ao cole, dende arañas, gatiños  ata demos e como non as temidas meigas." A Meiga Peluxa", amiga dos nenos, que se achegou ás tres escolas do CRA, ante o asombro e risas dalgúns e o lóxico susto doutros,  e rematou coa diversión do baile dos “ESQUELETOS” coa vasoira incluida…já, já, já, já!!! 
A nosa teacher de Inglés, encargouse de facer os murais alusivos o HALLOWEEN, nos que tiveron cabida morcegos, pantasmas, caveiras e ata o mismísimo “Bob Esponxa”.

E xa como colofón final queremos facer unha especial mención a exposición de cabazas, que foi posible grazas a colaboración das familias, que conseguiron adornar a escola de SAN PAIO,  de SAN CRISTOVO e de FRANCELOS, coas cabazas que os nenos/as trouxeron con moito orgullo, vaia que non faltou detalle.


samaín -
FELIZ SAMAÍN dende A CARRILANA DE UUUULTRAAAATUUUUUMBAAAAAA!!

CANCIÓN DE HALLOWEEN


CANCIÓN LOS ESQUELETOS

venres, 26 de outubro de 2012

UN DÍA DIFERENTE

O mércores 24 de outubro o CRA AMNECER fixemos unha saída o auditorio de Ourense, para disfrutar dun concerto cheo de máxia e de imaxinación, onde puidemos comprobar que desde o golpe rítmico dun martelo ata o rumor do vento, todo o que nos rodea crea un fondo “musical”, que nos acompaña ao longo do día.
O COLECCIONISTA DE PAISAXES que así se titulaba a obra, acompañado de cinco formidables músicos, capturaba cos seus sentidos imaxes e sons, conseguindo espertar o noso interese polo arte pictórico e musical, a través de  danzas, malabares, sombras chinesas, cancións e moitas outras sorpresas...



concerto ourense outubro 2012

A segunda parte da nosa saída, consistiu nunha visita ás instalacións deportivas do Campus Universitario da capital, onde moi gustosamente fomos recibidos por dous monitores amigos, que organizaron xogos para os nosos alumnos e alumnas, un espazo ideal para liberar enerxía…
 Ata Pronto!

venres, 19 de outubro de 2012