BENVIDOS O NOVO BLOG DE CARRILANA
Debido a necesidade constante de adaptarnos as novas tecnoloxias, no ano 2012 a revista carrilana editarase en formato dixital.
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
Será un espazo para compartir, disfrutar entre familia e escola.
Aquí podedes encontrar materiais, actividades nas que estamos traballando.
Esperamos que sexa do agrado de todos vós
luns, 4 de marzo de 2013
SEMANA DE PORTAS ABERTAS
VEN A VISITARNOS NA SEMANA DE PORTAS ABERTAS, DO 11 AO 15 DE MARZO EN HORARIO DE 12:00 A 12:30 HORAS.
venres, 8 de febreiro de 2013
E CHEGOU O ENTROIDO!
Familias, como xa vos comunicamos este ano imos ambientar o entroido na PREHISTORIA (os cavernícolas), motivado polo proxecto iniciado dende a Biblioteca.
O longo da semana (do 4 ao 8 de febreiro), celebraremos a semana do entroido, rematando cun gran desfile en Francelos.
Estade atentos porque andaremos ás ordes do MECO.
O MECO MANDA:
VENRES:
"EN FRANCELOS ÍMONOS ATOPAR DE PRIMITIVOS E PRIMITIVAS ÍMONOS DISFRAZAR".
O longo da semana (do 4 ao 8 de febreiro), celebraremos a semana do entroido, rematando cun gran desfile en Francelos.
Estade atentos porque andaremos ás ordes do MECO.
O MECO MANDA:
VENRES:
"EN FRANCELOS ÍMONOS ATOPAR DE PRIMITIVOS E PRIMITIVAS ÍMONOS DISFRAZAR".
CRAVERNÍCOLAS POLO
AMENCER
E chegou o entroido, o entroido
chegou
E no
CRA AMENCER festexamos esta festa popular
San Paio a Francelos chegou
Somos trogloditas e primitivos tamén
San Cristovo a Francelos atopou
E o desfile ao pobo tamén
Nenos e nenas cavernícolas son
Mestres e mestras tamén
Algnha nai se animou.
A banda dos trogloditas se formou
As escolas das aldeas animadas son
E disfrazados de prehistóricos van
O meco anunciou as ordes a cumplir
E no cra amencer atinamos cos
atuendos a vestir
O proxecto da biblio para adiante
vai
E a comparsa dos cravernícolas a
festa fai
VIVA O ENTROIDO UO, UO,
UO!!!!!!!!!!!!
xoves, 31 de xaneiro de 2013
DÍA DA PAZ
Cantamos a ritmo de "Canto del Loco e Hombres G". Probamos a videoconferencia a través da NUBE, disfrutamos da presencia dos compañeiros de xeito virtual, para conmemorar todos o día da PAZ .
"NO CRA AMENCER SOMOS AMIGOS E ESTAMOS UNIDOS". (sobran palabras, disfrutade coas imaxes escoitando a música.
venres, 21 de decembro de 2012
É TEMPO DE NADAL
Xa
está aquí o NADAL e os nenos e nenas do CRA AMENCER agardan impacientes a
chegada das vacacións, e con elas todo o que eso implica nestas datas (Papá
Noel, as súas maxestades de Oriente…). Ademais de vestir de festa as nosas tres
escolas, quixemos despedir este primeiro trimestre do curso cun festival na CASA
DA CULTURA de Ribadavia, coa presenza das familias. Desexamos que o público
disfrutara tanto coma o profesorado e os cativos, xa que detrás quedan ratiños
de ensaios e dedicación agarimosa para que todo saíra o mellor posible.
AGRADECEMOS moito
o detalle da ANPA quen nos convidou a unha chocolatada, que puxo o punto e final “doce” a unha xornada
diferente e familiar, Tamén ao concello por colaborar, enviándonos os caramelos que tanto lles gustan aos nenos/as.
Nadal 2012 -
Dende a CARRILANA lanzamos esta mensaxe empaquetada con sorriso, apertas e moita ilusión…
DESEXAMOS QUE A LEDICIA COA QUE VIVEN OS CATIVOS O NADAL, ESTÉ PRESENTE EN CADA UN DOS VOSOS DÍAS DO ANO NOVO 2013, QUE A PIQUES ESTÁ DE CHAMAR AS NOSAS PORTAS,…
CON CARIÑO...……
O CRA AMENCER
|
PUBLICADO NO XORNAL "LA REGIÓN" DOMINGO 16 DE DECEMBRO DE 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



