O Cra Amencer xunto con outros CRAS de Galicia está a traballar nun proxecto chamado "Rede de Escolas Na Nube". Onde escola e familia, nun contorno social virtual pechado e seguro, compartirán traballo e experiencias.
Para máis información do proxecto premede na imaxe
PARA ACCEDER A NUBE DENDE A CASA, temos que premer no icono da nube, situado a marxe dereiro da páxina principal. aparécenos unha pantalla que nos pide usuario e contrasinal, ahí poredes a vosa identificación que previamente vola daremos. ASÍ DE SINXELO.
Os nenos e nenas de primaria accederán a unha nube diferente aos de infantil. Os de primaria teñen a posibilidade de comunicarse cos seus compñeiros/as e profes, a través do chat.
Os contidos están clasificados por materias e para os de infantil por bloques de interese. Recollen e reforzan o que estamos a traballar na escola.
Todo o profesorado espera que vos guste que a utilicedes e vos sexa de axuda, para nós supuxo formación, moito esforzo e dedicación.
AOS NENOS/AS GÚSTALLE MOITO!